Título | Resumo |
---|---|
II XORNADAS DE TEATRO ESCOLAR - FOTOGRAFÍAS |
O 31 DE MAIO CELEBRÁRONSE AS II XORNADAS ESCOLARES DE TEATRO. NENAS E NENOS ENGAIOLARON E CONSEGUIRON NAMORAR A TODO O PÚBLICO COAS OBRAS - MOITO MORRO CORPORATION, SOCIEDADE ILIMITADA! DE CARLOS LABRAÑA. VAGALUMES 3º A - ALICIA NO PAÍS DAS MARABILLAS, TEATRO NEGRO (ADAPTACIÓN DO TEXTO DE LEWIS CARROLL ) 6ºC AGRADECER A ANDY A REPORTAXE FOTOGRÁFICA E GRAVACIÓN DOS VÍDEOS, QUE EN BREVES, SERÁN COLGADOS. GRACIAS ÁS FAMILIAS POLA SÚA COLABORACIÓN E IMPLICACIÓN. PARABÉNS Á RAPAZADA POLO TRABALLO BEN FEITO E AO PROFESORADO IMPLICADO. E UNHA REFLEXIÓN, PARABÉNS A ESE PÚBLICO DE MAÑÁ QUE SOUBO RESPONDER, RIR E GARDAR UN RESPECTUOSO SILENCIO CANDO ERA NECESARIO... POR QUE NON PASA O MESMO COS MÓBILES DOS ADULTOS?
|
ROBÓTICA CON DOC |
O ALUMNADO DE EDUCACIÓN INFANTIL DE 3 ANOS TRABALLA NUMERACIÓN E LECTOESCRITURA CON DOC. PARABÉNS!
|
LEGO WEDO |
O ALUMNADO DE 3º CONTINÚA A SÚA FORMACIÓN EN LEGO WEGO NO ESPAZO ARGALLEIRO.
|
APADRIÑAMENTOS LECTORES - INTERCENTROS |
O ALUMNADO DE 3 ANOS COMPARTÍU HOXE UNHA XORNADA MOI EMOTIVA XUNTO AO ALUMNADO DE 2º DE BACHERELATO DO IES PUNTA CANDIEIRA. A LEDICIA ILUMINOU OS OLLOS DE TODOS CANTOS PARTICIPARON. PARABÉNS POR TANTO DERROCHE DE CARIÑO E VERSOS!
|
BIBLIOTECA CREATIVA |
UNHA PEQUENA MOSTRA DO NOSO LABORATORIO CREATIVO DE APRENDIZAXE. UN LUGAR PARA A COOPERACIÓN QUE BRINDA DIFERENTES OPORTUNIDADES DE APRENDIZAXE, DE EXPRESIÓN E DE CREATIVIDADE. UNHA BIBLIOTECA PARA TODAS E TODOS QUE CONTRIBÚE Á INCLUSIÓN. |
EXPOSICIÓN E ACTO PROXECTO INTERCENTROS |
QUEDADES TODAS E TODOS CONVIDADOS! |
EXPOSICIÓN E ACTO FINAL |
O 19 DE XUÑO O ALUMNADO DE ANTROPOLOXÍA DE 1º DE BACHERELATO E OS VAGALUMES DE 3º A DIFUNDIRON UN ANO DE TRABALLO. O FIXERON A TRAVÉS DUNHA EXPOSICIÓN (que aínda permanece aberta a todo o público), O VISIONADO DUN DOCUMENTAL E UNHA PEQUENA MOSTRA DE CANTOS E BAILES TRADICIONAIS. "PEGADAS NA IAUGA". PATRIMONIO INMATERIAL: A SEMENTE. A AUGA COMO FÍO CONDUCTOR.
|
XORNADA DE RAPETA |
O PATRIMONIO INMATERIAL PERMANECE VIVO A TRAVÉS DA ACTIVIDADE ORGANIZADA POLO MUSEO MARES DE CEDEIRA. A XORNADA DE RAPETA É UNHA DAS DRAMATIZACIÓNS MÁIS FERMOSAS VIVIDAS ESTE CURSO ESCOLAR. ALUMNADO DO IES E DO CEIP, FAMILIAS E VECIÑOS TIRAN DAS CORDAS PARA ACHEGAR O PEIXE QUE TRAE A RAPETA ATA AS AREAS DA MAGDALENA, LOGO ESE PEIXE É VOLTO AO MAR SEN MORTE. AGRADECER Á ASOCIACIÓN MARES DE CEDEIRA.
|
OBRAS AMPLIACIÓN DA BIBLIOTECA CARLOS LABRAÑA |
CARA UN ESPAZO CREATIVO. AS OBRAS DE AMPLIACIÓN DA BIBLIOTECA XA COMEZARON! |
OBRADOIRO DE MEDO - STEAM |
|
SEMANA DA ALFABETIZACIÓN EN MEDIOS E INFORMACIÓN |
DENTRO DA MATERIA DE LIBRE CONFIGURACIÓN: APRENDER A INVESTIGAR (QUE O ALUMNADO DE 4º E 6º DE PRIMARIA LEVAN A CABO NAS TITORIAS) TIVEMOS UNHAS SESIÓNS ESPECIAIS ONDE RAMÓN LOUREIRO, ESCRITOR E PERIODISTA NA VOZ DE GALICIA, VEU ACHEGARNOS A SÚA PROFESIÓN. ESTAS SESIÓNS ESTÁN ENMARCADAS NA CELEBRACIÓN DA SEMANA MUNDIAL DA ALFABETIZACIÓN EN MEDIOS E INFORMACIÓN A PROPOSTA DA UNESCO.
|
CONTINUAMOS UN PROXECTO! INTERCENTROS IES E VAGALUMES. |
OS VAGALUMES DESPRÁZANSE ATA A BIBLIOTECA DO IES PUNTA CANDIEIRA PARA COÑECER AOS SEUS NOVOS COMPAÑEIROS E COMPAÑEIRAS DE CAMIÑO. ESTE ANO VIAXAN 1º DE BACHERELATO DE ANTROPOLOXÍA, DE CULTURA CIENTÍFICA E OS VAGALUMES EN 4º DE PRIMARIA. ESPÉRANNOS MOITAS AVENTURAS E DESCOBREMENTOS.
|
RADIO ENTREVISTA Á ASOC. ARCE |
OS VAGALUMES CONTINÚAN DOCUMENTÁNDOSE EN PROL DO MEDIO AMBIENTE. NESTA OCASIÓN CONVIDAN A BELÉN, MEMBRO DA ASOCIACIÓN ARCE, PARA O COIDADO DO RÍO CONDOMIÑAS E DO MEDIO AMBIENTE. PARTICIPAN NA ENTREVISTA UNAI E JOSÉ ANTONIO, DOS VAGALUMES, QUE REALIZARON A ESCALETA DE PREGUNTAS. AGRADECER A PARTICIPACIÓN DE MIGUEL E ANXO COMO TÉCNICOS DE SON. |
RECREOS NA BIBLIO! |
O VOLUNTARIADO ACOMPAÑA, GUÍA E ASESORA A TODO O ALUNADO NOS RECREO DA BIBLIOTECA CARLOS LABRAÑA.
PARABÉNS RAPAZADA! A VOSA LABOR É FANTÁSTICA!! |
OBRADOIRO DE SAN VALENTÍN |
NESTE CURSO ESCOLAR, O VOLUNTARIADO FIXO UNHA PROPOSTA DE DESEÑO, ELABORACIÓN E REALIZACIÓN DE OBRADOIROS. ESTAMOS CONVENCIDOS DE QUE ESTE TIPO DE RESPONSABILIDADES SON UNHA APOSTA CLARA PARA MEDRAR E MADURAR. ASÍ QUE O EQUIPO DE BIBLIOTECA DEULLE PARA ADIANTE Á INICIATIVA DOS VOLUNTARIOS E VOLUNTARIAS. A FALTA DE DOCUMENTACIÓN NA FASE DE ELABORACIÓN DOS OBRADOIROS NON NOS PERMITIU PUBLICAR OS ANTERIORES, PERO O QUE AGORA SE AMOSA NON É O PRIMEIRO NIN SERÁ O ÚLTIMO. HAI QUE TER PRESENTE AS DIFICULTADES NA POSTA EN MARCHA DUN OBRADOIRO, ESTE ALUNADO TIVO QUE SENTAR E POÑERSE DE ACORDO NO QUE REALIZAR, FACER BOCEXOS E PROBAS PARA CONTROLAR OS TEMPOS, FACER LISTADOS DE MATERIAIS NECESARIOS, PREPARAR CARTACES PARA PUBLICITALO E CADROS DE APUNTAMENTOS PARA AS NENAS E NENOS AOS QUE ÍA DIRIXIDO O OBRADOIRO E XA CONVOCADO LEVALO Á PRÁCTICA. ESTAS SON AS EVIDENCIAS DO SEU TRABALLO. NESTA OCASIÓN, ANDREA, UXÍA E LARA, SORPRENDÉRONOS CUN OBRADOIRO DE SAN VALENTÍN! PARABÉNS RAPAZAS! |
A ría comeza aquí! |
Baixo este lema o alumnado de 4º, 5º e 6º colaborou na segunda parte da actividade sobre os sumidoiros e os seus coidados, organizado polo Concello de Cedeira. Na Praza Roja sinalizaron todos os sumidoiros baixo o título "A ría de Cedeira comeza aquí". Despois pegaron cartaces e repartiron trípticos para concienciar á poboación do uso correcto dos sumidoiros.
Esta actividade complementa o proxecto "Contra o cambio... eu cambio. E ti?"
|
Obradoiro de manualidades! En mans da rapazada! |
O alumnado empodérase e continúa deseñando obradoiros.
Neste caso as artes e o steam son a base da actividade. Realízano dende o comezo, sen saltarse ningunha fase. Xúntanse e definen que levará a actividade, realizan unha lista dos materiais necesarios (será a base de reciclados), deseñan o cartaz para promocionar o obradoiro, fan unhas táboas para que se apunte o alumnado e na data sinalada levan a cabo o obradoiro. Como sempre, ocorren cousas que hai que contar; estas grandísimas persoas non só fixeron todo este traballo, e por certo moi ben realizado, senón que comezan o obradoiro e escoitas a un deles consultar en cal lingua levarán o obradoiro. Conversan e axiña, sen dubidar, din: - en galego. - Nenas, nenos, todos falamos en galego (coméntanlles aos participantes no obradoiro).
Un pracer de rapazada! |
Eu experimento na casa. #EuQuedoNaCasa #bescolaresgalAbertas |
Como facer que o metal flote na auga?
|
QUERÉMOSVOS...MÁIS #EuQuedoNaCasa #bescolaresgalAbertas |
SEGUIMOS CANTANDO! E DESTA VOLTA... COA COMPAÑÍA DE PROFES, CONSERXE, ADMINISTRATIVA, LIMPADORAS, PERSOAL DE COCIÑA, COIDADORAS
VEÑA! A ENTONAR ESTA CANCIÓN QUE MOITAS E MOITOS APRENDIMOS FAI XA UNS ANOS E QUE SOABA TODAS AS MAÑÁS COMO TIMBRE DO COLE. ACORDÁDESVOS?
|
karaoke Ua, Ua, Ua! #euquedonacasa #bescolaresgalabertas |
Hoxe toca cantar karaoke e que mellor que co noso karaoke de A viaxe de Percebiño! Veña queremos escoitarvos dende todas as ventás! |
ACHEGÁMONOS AO DÍA DAS LETRAS GALEGAS #euquedonacasa #bescolaresgalabertas |
Xa van chegando palabras para coleccionar
e vanse enviando as fotos de agasallo de Percebiño.
E continuamos coa semana adicada ás Letras Galegas. Preme na imaxe para saber un pouco máis.
Preme na imaxe de abaixo para xogar.
https://www.facebook.com/bibliotecacarloslabranha/ @beCarlosLabrana biblio.nicolas.del.rio@gmail.com
|
ESCAPE ROOM DE CARVALHO CALERO #euquedonacasa #bescolaresgalabertas |
SEMANA DAS LETRAS GALEGAS Continuamos aprendendo cousas de Ricardo Carvalho Calero. Animádevos e participade nestas actividades tan divertidas, deseñadas por Alba Carril do CPI de Vedra e Ana Sánchez Sanmartín do CEIP Arquitecto Casas Novas.
Esta que atopades de seguido é máis axeitada para alumnado de infantil, primeiro e segundo de primaria.
A seguinte actividade vai para terceiro, cuarto, quinto e sexto de primaria.
https://www.facebook.com/bibliotecacarloslabranha/ @beCarlosLabrana biblio.nicolas.del.rio@gmail.com
|
ENTREVISTA A ANTÍA YÁÑEZ #euquedonacasa #bescolaresgalabertas |
Hoxe martes, só dous días despois do Día das Letras, temos a fortuna de poder abrir as portas das Aulas no Aire de 5 anos a unha escritora galega. O seu nome é Antía e hoxe participa nas nosas aulas dende a súa casa de Cecebre onde pasa a corentena. Seguro que imos aprender moito con ela. Antía Yáñez, malia non levar moito tempo como escritora, xa ten cinco libros publicados:
O misterio de Portomarín (2016). Galaxia. Senlleiras (2018). Galaxia. O misterio do torque de Burela (2019). Galaxia. Be Water (2019). Cuarto de inverno. A Reconquista (2018). Baía Edicións.
Ao longo da súa traxectoria leva acadado distintos premios e recoñecementos, os primeiros que recibiu foron por traballos de relatos e microrrelatos, pero ten moitos outros: - Premio Illa Nova de Narrativa, 2018 pola súa obra Senlleiras. - I Premio Fina Casalderrey de Literatura Infantil e igualdade (2018) pola súa obra A Reconquista. - Finalista do premio María Victoria Moreno de Literatura Xuvenil con Be water, finalista este ano tamén como mellor libro xuvenil do ano 2019 na Gala do libro galego. - III Premio Agustín Fernández Paz de Narrativa Infantil e Xuvenil pola Igualdade, 2019 por Plan de rescate, que aínda está en camiño de ser publicado. Amigos e amigas que nos ledes habitualmente, xa vedes…un verdadeiro orgullo poder contar hoxe con ela. E xa que temos con nós a Antía, ocorréusenos que o mellor que podiamos facer era aproveitar e facerlle unhas cantas preguntas. Pensándoo ben… Por que será que unha escritora chega a selo? Por que sempre lle apasionou ler, ou escribir? Se cadra, por casualidades da vida, alguén lle recomendou que se puxese a escribir... E…como se lle ocorren as historias? E…que fai estes días de corentena? Se cadra gustaríanos saber que é o que come para que a súa imaxinación sexa capaz de inventar as historias… Así pois, a quenda vai para os nenos e nenas de cinco anos...aquí os tedes:
Gracias Antía por visitar a nosa biblioteca virtual.
https://www.facebook.com/bibliotecacarloslabranha/ @beCarlosLabrana biblio.nicolas.del.rio@gmail.com
|
SEMANA DO MEDIO AMBIENTE - CADERNO DE NATURALISTAS #euquedonacasa #bescolaresgalabertas |
O respecto e coidado do medio ambiente comeza cando nos achegamos a coñecelo. Presentamos os cadernos de naturalistas realizados polo alumnado de 5 anos nas súas Aulas ao aire.
PAXARIÑOS PIADORES, CASIÑA DO MEU CONTENTO
(Preparando un día de clase nas aulas no aire)
Carmen: -Que levante a man o que algún día, paseando, escoitara o canto dos paxaros... Alba: -Seguro que moitos levantaron a man. Verdade, Carmen? Carmen: -Si, muller... se os puidese ver, seguro que había tantas mans levantadas como cando preguntamos quen quere falar na asamblea da escola... pero aí vai outra: (poñemos o reclamo dun paporroibo) Carmen: -Que levante a man o que seipa que paxariño está cantando Alba: -Que levante a man o que sepa o nome do rei dos paxaros... Carmen: -Esa non sei eu se a saberán... Alba: -Seguro que moitos de vosoutros levantastes a man unha vez, dúas... ou se cadra tres, pero pequenos naturalistas, asegurámosvos que despois do día de hoxe, se abrides ben eses ollos tan atentos que tedes, e afinades con precisión o oído, porque xa sabedes que "o que non atende non aprende", se cadra, algún día paseando recoñeceredes o cantar dalgún paxariño.
Pois para empezar, imos contarvos unha fábula, que sabemos que vos gustan...
O Rei das Aves
Houbo unha vez, hai moito tempo, en que todos os paxaros do mundo se reuniron porque querían nomear un gobernante , e así, xuntáronse nunha asamblea para decidir quen de todos sería o Rei das Aves. - O Rei das Aves terá que ser aquel que poida voar máis alto, que para iso son os paxaros! -dixo unha águia (que xa se vía no máis alto do podium con coroa e todo). E así foi como empezou unha gran competición por ver quen acadaba o posto máis alto. Os paxaros voaron, esforzáronse moito... batían as ás con todas as súas forzas para poder chegar moi arriba... Así son as competicións... Os voitres e as águias eran os primeiros, os mellores, ata que unha delas empezou a subir, un águia enorme, fermosísima... unha águia real! Chegou máis alto que ningunha outra. Foi daquela cando ao verse gañadora, chamou polos demáis paxaros para anunciar que ela sería a raíña, pois estaba por enriba de todos eles... Pero meus pequenos naturalistas... a águia sinteu que algo lle rebulía no medio das súas ás. Por entre aquelas plumas enormes foise asomando un paxariño, coma un chisco, coma un faragulliño de pan dos que quedan na mesa despois da merenda... e sen pensalo nin esforzarse, púxose na cabeza da rapiña, e berrou: O rei son eu! O rei son eu!
E así foi como o tuí, o máis pequeno de todos os paxariños, se fixo o Rei das Aves e os Paxaros...
E agora, a actividade de hoxe. Seguro que tedes ben gardado o voso caderno de naturalistas. Veña...rapidamente a buscalo, que hoxe imos facer máis páxinas. Aprenderemos os nomes de catro paxariños que podedes atopar en Cedeira, e algunhas cousas de cada un deles. Non tedes que escribir todo... cada un o que poida.
O PAPORRUBIO
O paporrubio, tamén chamado paporroibo, peizoque ou richinó, é un paxariño solitario e moi territorial, que non acepta a presenza doutros conxéneres, ata o punto de zouparse contra a súa propia imaxe se a ve nun espello ou nun vidro. Fundamentalmente insectívoro, libra aos nosos campos de moita bichería, razón pola que sempre se lle ve arredor das xentes que traballan nas terras. Residente durante todo o ano na nosa bisbarra, no inverno chegan grandes cantidades do norte de Europa.
O paporrubio ten un cantar moi especial. Aquí tedes o seu son:
"O peizoque Roque" é un conto de Dores Tembrás que ten como protagonista a este paxariño. "O peizoque Roque pescuda palabras polo bosque. Palabras que saben, que abrigan, que recenden. Verbas de luz e de música que alimentan a vida"
O MERLO
O merlo e a merla son ben diferentes. O merlo é negro e a merla é parda. Paxaros moi comúns e abondosos son coñecidos de todos polo seu melodioso e potente cantar á caída da tarde. Estes paxaros comen de todo: insectos, grans, froitos... e aínda que teñen o plumaxe negro, moitos deles teñen abondosas plumas brancas, chegando algún deles a ser completamente branco. De aí naceu o famoso dito: "Eres máis raro ca un merlo branco".
"A merla de trapo", un conto de Antón Cortizas. Unha historia de fadas pero que non ten fadas. É a historia de Antonia, unha costureira que salva a un merlo de ferro dun estorbo no peteiro que lle impedía cantar. O merlo pouco a pouco entristece,e Antonia cose unha merla de trapo para que lle faga compaña...
O MARTÍN PESCADOR
Puidera ser o máis famoso paxariño da nosa contorna. As súas cores rechamantes, a súa voz metálica, e o seu voar en liña case a ras das augas, cautivan a atención de todo aquel que o ve por primeira vez. Gusta de pousarse nalgunha póla alta á beira dos ríos, dende a que asexa os peixiños que nadan na auga, para zouparse rapidísimo e conseguir algo para comer. O Martín pescador, tamén chamado Picapeixe na zona de Ourense é o paxaro que dá nome á asociación de pais e nais dos nenos e nenas da escola de Cedeira: a ANPA "Picapeixe".
A PÍLLARA DAS DUNAS
Paxariño emblemático dos nosos areais, agora mesmo en Galicia está en perigo crítico de desaparición. Por isto a píllara das dunas foi nomeada ave do ano 2019. O seu niño, extremadamente discreto é moi difícil de percibir para os ollos humanos, pero non tanto para o olfato dos cans que pasean polas praias.
Sodes capaces de atopar o niño de píllaras nesta fotografía? Para a súa protección e sobrevivencia existe un plan de protección oficial da Xunta de Galicia:
E despois de toda esta información, xa estades preparados e preparadas para facer as novas páxinas do noso caderno de naturalistas. Cada un pode apuntar a información que vexa máis interesante. Aquí van as nosas páxinas:
E para que os debuxos sexan máis fáciles de facer, deixámosvos os paxariños paso a paso:
A tomar nota, pequenos naturalistas!
As fotografías que acompañan esta entrada pertencen ao arquivo particular do mestre e naturalista Rafael López Loureiro. Nas súas palabras.... "Eu quedo no niño"
Mil gracias.
Podedes seguir aprendendo nas Aulas ao aire:
- Caderno de naturalistas "Eu quedo no niño"
- Animaliños que nos visitan... / Caderno de naturalistas "As vosas bolboretas"
- Bichiños
- Xente de auga e de terra / Caderno de naturalistas "Grandes exploradores"
https://www.facebook.com/bibliotecacarloslabranha/ @beCarlosLabrana biblio.nicolas.del.rio@gmail.com
|
TEATRO, COEDUCACIÓN E DIVERSIDADE #euquedonacasa #bescolaresgalabertas |
A temática sobre identidade sexual e de xénero é un contido que debe abordarse no ensino, e así está reflexado en diferente normativa:
- Protocolo de identidade de xénero: "Realizar actuacións de información e sensibilización da diversidade sexual e de xénero dirixidas ao alumnado..."
-Calendario escolar 2019/2020: "...para favorecer a visibilidade e integrar de forma transversal a diversidade afectivo-sexual (de lesbianas, gais, transexuais, bisexuais e intersexuais), os centros docentes sostidos con fondos públicos realizarán actividades específicas próximas ás datas de celebracións internacionais relacionadas co recoñecemento efectivo do dereito destas persoas."
Adiantámonos ao 28 de xuño, Día Internacional da Diversidade sexual e Dereitos LGBTI, achegando a obra de teatro Estrela...fugaz?, na que o autor Carlos Labraña aborda esta temática cun enfoque dirixido ao público infantil. A seguinte curta tamén pode servir para seguir profundizando no tema, abrir debates, conversar en familia...
|
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 28
- 29
- 30
- 31
- 32
- 33
- 34
- 35
- 36
- …
- seguinte ›
- última »