Título | Resumo |
---|---|
Agardamos por vós... |
|
CRÓNICAS...ATALAIA DO MUSEO MARES DE CEDEIRA |
Documental que recolle investigacións feitas na escola. Un traballo de etnografía adicado a tres sucesos que no seu tempo tinguiron de negro a vila de Cedeira. A nosa memoria.
|
TEMOS ALGO QUE CELEBRAR... |
Queremos compartir a nosa ledicia. A biblioteca da escola vén de recibir por segundo ano consecutivo o recoñecemento da Dirección Xeral de Centros polos seus traballos por proxectos do curso pasado. "Crónicas... Atalaia do Museo Mares de Cedeira" e "De festas pola Vila", foron galardonados en dúas das modalidades do concurso de traballos por proxectos das bibliotecas escolares no 2017/2018. PARABÉNS A TODOS E TODAS OS QUE FIXÉSTES POSIBLE ESTES TRABALLOS. |
PROXECTO CORRESPONDENCIA |
O alumnado de 3º A, os Vagalumes, inician un proxecto de correspondencia con nenas e nenos dun centro de Viveiro. Durante todo o curso escolar comunicaránse de diversas maneiras. Neste primeiro trimestre utilizaron a carta. Máis detalles no blog dos Vagalumes
|
JOSÉ AGUSTÍN GOYTISOLO. OBRADOIRO DE POESÍA! |
"EL LOBITO BUENO" É A POESÍA TRABALLADA NESTE OBRADOIRO. AXUDADOS POLAS VOLUNTARIAS E VOLUNTARIOS DESEÑAMOS UN MARCAPÁXINAS, APRENDEMOS A POESÍA E A CANTAMOS. GRACIAS JOSÉ AGUSTÍN GOYTISOLO!
|
ROSALÍA DE CASTRO |
OBRADOIROS DE POESÍA NOS RECREOS. CANTÁMOSLLE A ROSALIA DE CASTRO.
|
PATRIMONIO MATERIAL E INMATERIAL. |
OS VAGALUMES CONTINÚAN CO SEU PROXECTO INTERCENTROS SOBRE O PATRIMONIO INMATERIAL. PERO TEÑEN DIFICULTADES PARA DIFERENCIAR O PATRIMONIO MATERIAL DO INMATERIAL. UNHA DAS ACTIVIDADES PROPOSTAS POLA TITORA É O COLOREADO E COMENTADO DOS RECUNCHOS MÁIS EMBLEMÁTICOS DA NOSA VILA, A TRAVÉS DOS LIBROS DE ADRIÁN TARACIDO FERNÁNDEZ.PUBLICACIÓN DO BLOG DOS VAGALUMES. |
PROXECTO CORRESPONDENCIA |
DESPOIS DA CREACIÓN DE BORRADORES, CORRECIÓN E PASADO A LIMPO. ESFORZÁNDOSE NA PRESENTACIÓN, AS CARTAS DO 2º TRIMESTRES XA FORON ENVIADAS AO ALUMNADO DE VIVEIRO POLOS VAGALUMES.
|
LECTURAS ZEN - ESPAZO ARGALLEIRO |
CREAN MÁNDALAS CON FOLLAS E FLORES. CLASIFICAN, PINTAN, ESCOLLEN LIBROS E LEN… PERO A POESÍA É MAXIA E APARECE ENTRE AROMAS DE PÉTALOS PARA MANDAR MENSAXES. |
LEGO WEDO 3º B e C |
|
CASTRO SARRIDAL - PROXECTO PATRIMONIO INMATERIAL |
O alumnado de 3º A (os Vagalumes) e de 1º de Bacherelato de Antropoloxía continúan Co seu proxecto sobre o Patrimonio Inmaterial. Nesta ocasión, as rapazas e rapaces de 6º C, inician aventura e participan no proxecto. Como todo en Galicia, comeza falando de comida, así que a gran pregunta era...É que comían os castrexos? Despois de moito investigar, reflexionar e sacar conclusións, deciden visitar o Castro Sarridal e resolver todas as dúbidas que aínda quedaran sen resolver. As Bibliotecas Escolares estamos moi ledas e agradecidas pola participación brindada por María Xosé (Conselleira de Cultura, Licencia en Xeografía e Historia) por acompañarnos e brindar as primeiras documentacións, a Quique Vázquez por estar sempre activo e presente, a Emilio Ramil e ao seu equipo de arqueólogos e arqueólogas, que responderon as mil e unha preguntas dos pequenos e pequenas, ás familias por gozar e participar no traballo sacando ese neno/a que todos levamos dentro e en especial a Andy, o pai dunha alumna se encargou da parte técnica e fixo esta fermosa montaxe.
|
WONDER - LECTURA EN VOZ ALTA |
O ALUMNADO DE 4º REALIZOU DURANTE O 1º E O 2º TRIMESTRE LECTURA EN VOZ ALTA DO LIBRO WONDER. UNHA VEZ REMATADO CADA UN VISIONOU A PELÍCULA.
|
"UN MAR DE MUIÑEIRAS" |
"Un mar de muiñeiras" una actividade organizado polo CFR de Ferrol e o Grupo de traballo de danza tradicional en prol do baile na escola. Navantia puxo o teito, a Banda das Crechas a música e Rafael López Loureiro foi o mestre de ceremonias. Ledos, "porque para que a xente sexa feliz ten que bailar" Mario Bereijo Piñón, 3º A. Ceip Nicolás del Río. "A danza da vida" RAFAEL LÓPEZ LOUREIRO Danzan os átomos unha incesante baila radiante. Danzan as flores co vento, as bolboretas coas flores e o vento coas bolboretas. Danza a moza en romería con brincos de ledo aturuxo. Danza o amor namorado con lazos de abrazos. Danza o meniño no berce: pernas arriba, pernas abaixo, brazos ao aire, gaitiña ao vento. Danzan coas lapas do lume as lembranzas na lareira. Danza o río que pasa, o vento que arrola, a nube que se apomba, o paxaro que ves, o peixe que sinúa, a choiva que chove, a folla que revoa. Vivimos porque danzamos. Danzas tí, danzo eu, danza ela, danzamos nós, danzades vos, danzan elas. Danzamos todos. A danza é vida. Só a morte das estatuas non danza. |
AVALIACIÓN GRUPOS INTERACTIVOS |
AGRADECEMOS ÁS FAMILIAS E AO ALUMNADO IMPLICADOS NOS GRUPOS INTERACTIVOS CUBRAN AS ENQUISAS PARA AVALIAR A ACTIVIDADE E PODER MELLORAR. MOITAS GRACIAS. FAMILIAS VOLUNTARIADO GRUPOS INTERACTIVOS
|
EXPOSICIÓN E ACTO PROXECTO INTERCENTROS |
QUEDADES TODAS E TODOS CONVIDADOS! |
XORNADA DE RAPETA |
O ALUMNADO DO CEIP NICOLÁS DEL RÍO RECIBE INFORMACIÓN SOBRE A PESCA, O MUNDO MARIÑEIRO E EN CONCRETO SOBRE A ARTE DA RAPETA NA BIBLIOTECA CARLOS LABRAÑA. AGRADECIDOS POR FORMAR PARTE DO PLAN "QUERO SER MARIÑEIRO. QUERO SER MARIÑEIRA" ORGANIZADO POLO MUSEO DO MAR DE CEDEIRA.
|
RADIO ENTREVISTA Á ASOC. ARCE |
OS VAGALUMES CONTINÚAN DOCUMENTÁNDOSE EN PROL DO MEDIO AMBIENTE. NESTA OCASIÓN CONVIDAN A BELÉN, MEMBRO DA ASOCIACIÓN ARCE, PARA O COIDADO DO RÍO CONDOMIÑAS E DO MEDIO AMBIENTE. PARTICIPAN NA ENTREVISTA UNAI E JOSÉ ANTONIO, DOS VAGALUMES, QUE REALIZARON A ESCALETA DE PREGUNTAS. AGRADECER A PARTICIPACIÓN DE MIGUEL E ANXO COMO TÉCNICOS DE SON. |
Rosalía de Castro |
Os Vagalumes achegan a biografía de Rosalía baseándose na obra da Fundación Rosalía, de Helena Villar Janeiro e Ánxeles Ferrer. Parabéns rapazada! |
Contacto Biblioteca Carlos Labraña |
Podes contactar connosco de varias formas: Correo electrónico: biblio.nicolas.del.rio@gmail.com Facebook Biblioteca Escolar "Carlos Labraña" Twitter Biblioteca Escolar "Carlos Labraña" @beCarlosLabraña |
Booktubers -#euquedonacasa |
Inspirados no alumnado de 3º C, da aula de Chus, imos propoñer que vos convirtades en booktubers. Ese libro que estamos lendo, que nos leva a lugares marabillosos, compartámolo con todos e todas! Como? Grava un vídeo de non máis dun minuto, no que digas o título, autor, editorial e moi brevemente de que trata e por que che gusta a ti e o recomendas. Poden participar nenas, nenos e adultos. 1º Paso: Ler o libro. Se non tes ningún, podes mirar nestas ligazóns. Teñen libros en pdf gratuítos. 2º Paso: Realizar un guión escrito do que imos dicir. Revisar ortografía e cohesión (que se entenda o que queremos transmitir). 3º Paso: Ensaiar, isto é como na poesía e no teatro, hai que expresar, esaxerar... 4º Paso: Pedirlle a un adulto un aparello que permita gravar: móbil, ipad, cámara de vídeo... 5º Paso: Gravar e mandalo a calquera destes enderezos, se desexas que o publiquemos. https://facebook.com/bibliotecacarloslabranha/… @beCarlosLabrana biblio.nicolas.del.rio@gmail.com TODO VAI SAÍR BEN! |
PROXECTO "Contra o cambio... eu cambio. E ti?" #euquedonacasa |
A proposta de hoxe vai adicada a complementar o noso proxecto "Contra o cambio...eu cambio. E ti?" Estes días tamén podemos facer moito polo medio ambiente. Non esquezades reciclar e pero aínda máis reducir (seguro que é algo que todos estamos facendo, aproveitar ao máximo cada producto). Convidámosvos a entrar nestes xogos e links e a través deles aprender unha morea de cousas, pero xogando que é o que máis nos gusta facer! RECOLLE (xogo de asociar de 3 a 6 anos) CORRE E PERCORRE (de 6 a 12 anos) ÚNETE, TI DECIDES (xogo de toma de decisións de 12 a 16 anos) SALVA A LAS EXPECIES DE LA EXTINCIÓN RECURSOS RECICLAXE EN PDF (primaria) RECURSOS RECICLAXE EN PDF (infantil) RECURSOS RECICLAXE EN PDF (adultos) RECURSOS EDUCATIVOS DE RECICLAJE (a maioría pdf) Vídeo compostaxe Vídeo contaminación ambiental para niños Coidado do medio ambiente vídeo |
Eu experimento na casa. #EuQuedoNaCasa #bescolaresgalAbertas |
Como facer que o metal flote na auga?
|
QUERÉMOSVOS...MÁIS #EuQuedoNaCasa #bescolaresgalAbertas |
SEGUIMOS CANTANDO! E DESTA VOLTA... COA COMPAÑÍA DE PROFES, CONSERXE, ADMINISTRATIVA, LIMPADORAS, PERSOAL DE COCIÑA, COIDADORAS
VEÑA! A ENTONAR ESTA CANCIÓN QUE MOITAS E MOITOS APRENDIMOS FAI XA UNS ANOS E QUE SOABA TODAS AS MAÑÁS COMO TIMBRE DO COLE. ACORDÁDESVOS?
|
COIDAMOS A TERRA #euquedonacasa #bescolaresgalabertas |
As profes de inglés achégannos recursos moi interesantes para aprender a coidar o noso planeta. Tomade boa nota!
|
EU APRENDO ARTE NA CASA #euquedonacasa #bescolaresgalabertas |
Que vos parece se nos unimos a esa tendencia que anda polas redes na que se representan obras famosas da historia da arte? Uns fan as fotos con portadas de libros, outros con cadros de autores coñecidos… Quen non quixera ser parte da obra de autores como Velázquez ou Sorolla, por exemplo? Dende a Biblioteca da Escola pensamos que esta podería ser unha boa maneira de achegar aos nenos e nenas a obras de pintores da historia da arte. Así que hoxe propoñémosvos que escollades unha obra dun pintor, que vos poñades no lugar dos protagonistas do cadro e fagades a foto para enviar. Os adultos tamén estades convidados a participar nesta actividade cos vosos fillos e fillas, por suposto. Seguro que o pasamos moi ben! Os nenos e as nenas de cinco anos xa teñen a súa galería nas Aulas no Aire. Se queredes ideas, podedes pasar, a entrada é de balde.
Compartide as vosas creacións: https://www.facebook.com/bibliotecacarloslabranha/ @beCarlosLabrana biblio.nicolas.del.rio@gmail.com
|
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 27
- 28
- 29
- 30
- 31
- 32
- 33
- 34
- 35
- …
- seguinte ›
- última »