Título | Resumo |
---|---|
COIDAMOS OS DENTES! #MesdaCienciaenGalego #Ciencia #FamiliasnaBE #bescolaresgal #bescolaresgalabertas |
O alumnado de cinco anos está inmerso nun proxecto sobre "Os dentes e o seu coidado. Este ano iníciase o proceso de caída dos dentes de leite e a aparición dos novos. Así que estes días o Ratiño Pérez visitou moitas casas. Para documentarse debidamente buscaron a unha dentista profesional: Mey Lin Apac, que ofreceu moita información e resolveu unha manchea de dúbidas que transitaban polas súas cabeciñas. Estes peques xa están montando unha pequena clínica dental na aula e traballando con numerosos recursos para coñecer o fascinante mundo dos dentes. Sendo o proxecto o eixo motivador para numerosos conceptos básicos da etapa infantil na que se atopan.
|
ESCRITA... LOS MISTERIOS DEL SEÑOR BURDICK DE CHRIS VAN ALLSBURG #EscribiraBE #bescolaresgal #bescolaresgalabertas |
A lectura do libro "Los misterios del señor Burdick" non deixa a ninguén indiferente. Inspirados nesta ilustración o alumnado crea a súa posible historia.
|
II RUTA INTERXENERACIONAL "Aprendendo, naturalmente!" #FamiliasnaBE #PDI #ALFIN #AMI #ciencia #bibliotecacreativa #bibliotecainclusiva #LIA #bescolaresgal #bescolaresgalabertas |
Iniciamos Abril coa II Ruta Interxeneracional, enmarcada no proxecto "Aprendendo, naturalmente!". Convocamos a toda a comunidade educativa e calquera outra persoa que desexou unirse. O tempo estaba algo nuboso e caían unhas pequenas gotas de choiva. Pero tíñamos diante a dous naturalistas, unhas eminencias, Antonio Martínez Pernas e Rafael López Loureiro, votamos comezar a andaina, non se podía desaproveitar a ocasión. Incluso comentouse que con ese tempo, veríamos cousas que igual non se ollan nun día de sol.
Eles fixeran esa ruta unha semana antes e dixeran que aínda reinaba a invernía na Fraga dos Casás. Con paraugas e chuvasqueiros adentrámonos por unha senda de eucaliptos, pasamos un pinar, para descobrer despois dun pedazo o que detrás se agochaba, unha fermosa Fraga, que en tan só unha semana comezou a florecer. Observamos a mapoula das fragas, Anemone, súa saída indica o inicio da primavera. Ollamos espárragos, castiñeiros... unha fraga limpa e verde. Conversamos do uso que tivo noutros tempos, dos carboeiros que recollían a madeira e a enterraban para queimar e converter en carbón natural, a fraga non estaba soa naqueles tempos, senón que a xente realizaba moitas labores nela. Hoxe eses coidados teñen que basearse en non intervir nela, non levar nin traer especies, usar as sendas, mirar onde pisamos e ollar con atención. Facer que permanezan. Esta é unha pequena mostra da Ruta da Fraga dos Casás. Antonio Martínez Pernas identificou correctamente unha orquidea galega: Ophrys kallaikia que era confundida por outra. Podedes consultar o estudo con profundidade, clicando no nome científico. Foi unha oportunidade marabillosa para conversar e resolver dúbidas, in situ, con dous naturalistas estupendos! Moitas gracias por espallar a vosa sabiduría!
|
STEM - CONSTRUCIÓNS - POLOS CREATIVOS #bibliotecacreativa #bibliotecainclusiva #bescolaresgal #bescolaresgalabertas |
O alumnado pon a en marcha a súa creatividade nas construcións kapla e os imantados. Primeiros contactos co material de Polos Creativos.
|
DÍPTICO RECOMENDACIÓNS LECTORAS - ESPAZOS SEGUROS PARA A INFANCIA 6 - LECTURA E FAMILIAS #LecturaeFamilias #educaciónafectivosexual #bescolaresgal |
Coa intención de ofrecer ferramentas á comunidade escolar, dende a Biblioteca Escolar "Carlos Labraña" en colaboración con tódolos equipos, documentámonos para crear este díptico con recomendacións lectoras, xogos, vídeos e podcast. Cada recomendación coa súa idade recomendada. Os fondos da biblioteca dispoñen destes materiais e moita outra bibliografía para abordar a educación afectivo sexual, se é do voso interese.
|
GRUPOS INTERACTIVOS DE XOGOS #FamiliasnabE #bescolaresgal #bescolaresgalabertas |
Comenzan os grupos interactivos, primeiro con dúas profes e temática lúdica. En breves, coas familias que desexen acompañarnos este curso.
Fixemos unha construción floral para despedir ao verán, atamos zapatos e outros broches, fixemos orbits e agochamos bichiños que tivemos que atopar e logo sen mirar escribir os nomes e cantidades, pintamos as unllas e deixamos que nolas pintaran, fixemos un mundo natural de outono para darlle a benvida.
Tedes máis información sobre os grupos interactivos nestas ligazóns: Os primeiros interactivos da escola: https://www.youtube.com/watch?v=MTGMTj9JocU Ramón Flecha. Grupos interactivos: https://www.youtube.com/watch?v=BlovbmPSn3c
|
DESPEDIDA VOLUNTARIADO ESCOLAR #VoluntariadonaBE #bescolaresgal #bescolaresgalabertas |
Despedimos a un alumnado que formou parte da nosa equipa de biblioteca. Unha rapazada que deu vida día a día á nosa biblioteca. Xuntos fixemos que esta maquinaria funcionase. Elas e eles agasallan co seu tempo e traballo para que todos gocen de recomendacións lectoras, organizan obradoiros, controlan préstamos de aparellos tecnolóxicos, xogos didácticos, libros... Son a alma da biblio. Gracias rapazada por acompañarnos nesta aventura!!
En recoñecemento pola súa labor un certificado e un chaveiro de madeira co logo do noso Percebiño. Parabéns rapazada!!
|
CLUBS 5º E 6º PRIMARIA - POR UN ALUMNADO EMPODERADO! #bibliotecacreativa #bescolaresgal #bescolaresgalabertas |
Os clubs de alumnado de 5º e 6º de primaria teñen en marcha diversas actividades que agora mesmo están a pleno rendemento. No club de inventos están facendo duendes con calcetíns.
Os dous clubs de teatro andan a voltas cos ensaios das súas obras, escritas por elas e eles.
No club de reciclaxe hai cartón por doquier, están facendo a árbore de Nadal coas súas decoración.
No club de baile non paran de mover o esquelete.
O comezo foi algo confuso, pois os clubs solapábanse en horarios e membros. Pero tras a conversa e a reflexión chegou a calma e agora as datas son as seguintes. Luns: Club de inventos Martes: Club de reciclaxe Mércores: Club de baile Xoves e venres: Clubs de teatro (un grupo cada día).
|
CLUB DE LECTURAS - TERTULIAS DIALÓXICAS #Clubsdelectura #LecturaeFamilias #FamiliasnaBE #bibliotecacreativa#bescolaresgal #bescolaresgalabertas |
Este ano voltaron as Lecturas dialóxicas, dentro dos Club de Lecturas "Chocolate con libros", da man dos Vagalumes de 1ºC.
O clásico escollido é Carrapuchiña Vermella, unha adaptación de Lesley Sims, da editorial Pequelibros Usborne.
Primeiro escoitaron a lectura, posteriormente mantiveron varias lecturas individuais, con máis ou menos apoio considerando o nivel lector deste alumnado de 6 anos. A semana anterior á convocatoria das Lecturas dialóxicas coas familias o alumnado levou o libro para compartir coa familia e unha pequena nota, con data e horario para participar, se así o desexaban e podían.
A Tertulia foi do máis animada e xudiron temas do conto que lles chamaban a atención ou os inquedaban: - Por qué Caperucita colleu outro camiño? - É bo obeceder sempre? - A avoiña ten un camisón, pero o lobo logo ten outro diferente, que pasou? - De que se alimentan os lobos? - E as persoas? - Por qué lle brilan os ollos ao lobo? - Como é que non esperta cando lle abren a barriga? Nos grupos interactivos tamén lemos outra versión: "¿Qué me cuentas Caperucita" de José Carlos Andrés, A comparación deu lugar a novas preguntas: - Que Caperucita che gusta máis? - Que diferencias atopamos nas dúas, de carácter e de vestimenta? - Como actúan as personaxes da historia en cada un? A intervención, estivo moderada pola mestra e unha alumna. A rapazada ergue a man e as moderadoras apuntan nun papel a todos os que desexan intervir. Porteriormente, pregúntase e trátase cada unha das preguntas en particular, conversando entre todas e todos de cada aspecto. Estas aportación enriquecen a conversa e dan novas perspectivas sobre o que cada un pensa sobre algo.
Durante un mes, outros obradoiros creativos xurdiron a raiz da lectura, creación de bosque natural con escea, lobos con reciclaxe de diccionarios antigos, paisaxes coa técnica gouache, algúns deles inspirados en fotos do instagram de josephinemo e Celine de parciparlaenmaternelle.
|
NOVOS OBRADOIROS DE PATIOS VIVOS #bibliotecainclusiva #bibliotecacreativa #bescolaresgal #bescolaresgalabertas |
Os Patios Vivos son un espazo de aprendizaxe e xogo respectable coa infancia e co medio ambiente.
En moitas ocasións o xogo é libre, pero algunhas veces, deseñamos obradoiros máis dirixidos. Nesta ocasión, a maioría relacionados co proxecto "Naturalmente, aprendendo!" sobre a flora e a fauna da nosa contorna.
Estas son as últimas propostas!
Anexamos explicación dos obradoiros.
|
PROVOCACIÓN DO XOGO Á ESCRITA #Infancia #bibliotecacreativa #bibliotecainclusiva #LIA #Lectura #bescolaresgal #bescolaresgalabertas |
Sendo o motor da actividade o libro "Un año en el bosque" de Emilia Dziubak creamos unha nova provocación neste caso referida ao inverno. Como é o bosque en xaneiro e en febreiro? Imos descobrilo xogando, argallando e resolvendo un encrucillado. Ven trebellar no espazo argalleiro!
Encrucillado de @moonima.
|
OBRADOIRO DE COSTURA #bibliotecainclusiva #Axenda2030 #bescolaresgal #bescolaresgalabertas |
Dentro da proposta de obradoiros e faladoiros do alumnado, Lara e Nycolle ofértannos unha actividade de costura.
|
INFORMACIÓN FIABLE E DE CALIDADE #PDI #ALFIN #AMI #ciencia #LIA #bescolaresgal #bescolaresgalabertas |
Sabedores de que moitas aulas xa están inmersas na busca de información do proxecto "Naturalmente, aprendendo!" sobre a flora e fauna da nosa contorna, a biblioteca quere ofrecer ademáis dos fondos bibliográficos,
o blog dun naturalista, mestre xubilado da nosa escola que pode aportar información fiable sobre os bichiños e plantas da nosa vila. O blog é: Ao noroeste do Noroeste e o seu autor Rafael López Loureiro, ao que este venres poderemos escoitar tamén no Museo Mares de Cedeira.
Asi mesmo, temos no pobo un estudante de bioloxía, Álvaro Pérez Pérez, que ten Instagram e Twitter con ampla información sobre a nosa natureza. Convidámosvos a visitar as súas páxinas se queredes investigar.
|
BOWL DE FROITAS #BibliotecaCreativa #bibliotecainclusiva #STEAM #bescolaresgal #bescolaresgalabertas |
|
E TI COMO LLE CHAMAS? PROXECTO "Aprendendo, naturalmente!" #FamiliasnaBE #PDI #ALFIN #AMI #ciencia #bibliotecacreativa #bibliotecainclusiva #LIA #bescolaresgal #bescolaresgalabertas |
Buscamos das vosas aportacións! Avoas, avós, tíos, madriñas, tías, padriños, veciña, veciño, papá, mamá, curmá... Se sabes outro nome polo que corran estas aves e paxaros, algún dito sobre elas, algún refrán... colle un papel, apunta e traeno á BIBLIOTECA ESCOLAR "CARLOS LABRAÑA", no CEIP NICOLÁS DEL RÍO. Se non podes vir nas redes tamén podes escribir, contesta no Facebook ou no Twitter da biblioteca e recolleremos a túa aportación.
|
8 M - HILDA MARTÍNEZ LÓPEZ - MULLERES DEPORTISTAS #8M #igualdade #Radionabiblio #bescolaresgal #8M #bibliotecainclusiva #bescolaresgalabertas |
A muller que dará nome a un espazo é unha muller grande por fóra e por dentro. O alumnado de sexto A entrevista a Hilda Martínez López!
|
EXPERIMENTO VERMES #Ciencia #LerCiencianaBE #bescolaresgal #bescolaresgalabertas |
|
VOLUNTARIADO CON INICIATIVA #voluntariadonaBE #bescolaresgal #bescolaresgalabertas |
As funcións do voluntariado son extensas, ter un grupo de alumnado con grandes dotes para a organización e colaboración fan que as tarefas parezan máis sinxelas (non que o sexan).
Elas e eles encargáronse de colocar os expositores con novos fondos para o proxecto de flora e fauna "Aprendendo, naturalmente!", a exposición de poesía para o Día de Rosalía, estiveron atentos aos obradoiros que se celebraron durante os recreos, colocaron na CDU, fixeron empréstito e devolución no Meiga, recolleron as enquisas sobre étimos, estiveron pendentes do alumnado que necesitou do seu asesoramento, do espazo argalleiro...
Sempre coa supervisión das mestras guías, que saben que estamos sempre para axudalos e acompañalos, pero tamén deixándoos facer. Agradecer o traballo desta mocidade que adica o seu tempo a compartilo cos demáis. Gracias rapazada!
|
BÁLSAMO PARA A TOS #Ciencia #LerCiencianaBE #bescolaresgal #bescolaresgalabertas |
O alumnado de 1º de primaria investigan os poderes curativos do tomillo e realizan unha receita contra a tos na cociña da biblioteca, para darlles unhas fregas ás avoas e aos avós que nestas datas comezan a coller os catarros. Complementan a pomada coa creación dun marcapáxinas coa receita. Así poderán facer máis cantidade na casa, se o desexan.
|
A MULLER E A NENA NA CIENCIA @11defebreroES #11F #Ciencia #Igualdade #Axenda2030 #ODS5 #Bescolaresgal #bescolaresgalabertas |
Sabemos da importancia que ten sinalar unha data para as mulleres e as nenas na ciencia. O noso alumnado ten o dereito de educarse neste campo e polo tanto é algo que está presente durante todo o curso. Temos un club de ciencias, ofértanse obradoiros sobre ese campo, o mesmo alumnado propón os seus... non pensamos en datas senón en intereses, motivacións... Visibilizamos a data e conversamos sobre a necesidade de perseguir, cada un, a súa paixón. E a importancia de que os que nos rodean apoien as nosas decisións.
|
CONTACONTOS CON MÓNICA BELLAS #LecturaeFamilias #FamiliasnaBE #STEAM #poloscreativos #bibliotecacreativa #bescolaresgal | |
ALFABETIZACIÓN MEDIÁTICA NA AULA - PLANTAS #AMInabiblio #bescolaresgal |
O alumnado de 5º está rexistrando a súa información sobre as plantas nun libro de lapelas (lapbook).
Primeiro se documentaron por medio dos libros e diversas páxinas na internet, contrastaron esa información e mediante estes pequenos
expositores pretenden amosar o máis relevante. Nestes vindeiros días realizarán unha exposición oral.
Compartimos o cartaz da semana AMI a proposta da UNESCO.
|
INICIACIÓN AO BIMBIO #FamiliasnaBE #PDI #ciencia #bibliotecacreativa #bibliotecainclusiva #LIA #bescolaresgal #bescolaresgalabertas |
Da man da Asociación Lugares Comúns, este venres 24 de febreiro, gozaremos dun obradoiro de Iniciación ao bimbio coa experta Geraldine Jones.
O alumnado realizará unha peza de artesanía con este material. Dende a biblioteca escolar queremos promover e recuperar oficios tradicionais. Esta actividade está enmarcada no proxecto "Aprendendo, naturalmente!" Recordamos que este sábado 25 realizarase o intercambio de sementes e a actuación teatral, por parte de dita asociación.
|
DÍA DO NATURALISMO GALEGO - DÍA DE MARTÍN SARMIENTO #PDI #ALFIN #AMI #ciencia #bibliotecacreativa #bibliotecainclusiva #LIA #bescolaresgal #bescolaresgalabertas |
Durante esta semana as e os pequenos naturalistas conmemoraron o Día do Naturalismo e realizaron un un mini libro sobre a flora e a fauna da nosa contorna.
Agradecer a Rafael López Loureiro impulsor da iniciativa, ao que hoxe queremos darlle voz a través deste blog, na súa denuncia conxunta con outras asociacións sobre a planificación de parques eólicos mariños no sector noroccidental de Iberia e o que isto afectará as diferentes especies de aves mariñas que utilizan esta zona, así como das aves terrestres que o atravesan nas súas migracións. Para máis información podedes consultar algúns dos blogs: - Sociedade Galega de Historia Natural Agradecer á infancia a recollida da semente, estamos certos que ha agromar!
Engádese o mini libro en pdf para gozar quen o desexe do seu uso.
|
MARÍA VICTORIA MORENO - LETRAS GALEGAS |
CO GALLO DAS LETRAS GALEGAS, NA BIBLIOTECA ACOLLEMOS UNHA SESIÓN DE CONTACONTOS REALIZADA POR IAGO LÓPEZ E A VARIOS BOOKTUBERS DE MARÍA VICTORIA MORENO, RECOMENDÁNDONOS ALGUNHAS LECTURAS. GRACIAS A TERESA, MORENA, DANIEL E JORGE!!
|
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 25
- 26
- 27
- 28
- 29
- 30
- 31
- 32
- 33
- …
- seguinte ›
- última »