Título | Resumo |
---|---|
VOLUNTARIADO NA BE "Carlos Labraña" #VoluntariadonaBE #bescolaresgal #bescolaresgalabertas |
O voluntariado en acción, sen elas e eles os recreos serían moi diferentes.
Gracias por facer da biblioteca un espazo de aprendizaxe e xogo.
|
CLUB DE LECTURA "Chocolate con libros" #Clubsdelectura #bescolaresgal #bescolaresgalabertas |
Conversando dun interese común, a literatura. Compartindo historias, aventuras, viaxes imaxinarios, novos coñecementos... Fomentando futuros lectores e lectoras.
|
INFORMACIÓN FIABLE E DE CALIDADE #PDI #ALFIN #AMI #ciencia #LIA #bescolaresgal #bescolaresgalabertas |
Sabedores de que moitas aulas xa están inmersas na busca de información do proxecto "Naturalmente, aprendendo!" sobre a flora e fauna da nosa contorna, a biblioteca quere ofrecer ademáis dos fondos bibliográficos,
o blog dun naturalista, mestre xubilado da nosa escola que pode aportar información fiable sobre os bichiños e plantas da nosa vila. O blog é: Ao noroeste do Noroeste e o seu autor Rafael López Loureiro, ao que este venres poderemos escoitar tamén no Museo Mares de Cedeira.
Asi mesmo, temos no pobo un estudante de bioloxía, Álvaro Pérez Pérez, que ten Instagram e Twitter con ampla información sobre a nosa natureza. Convidámosvos a visitar as súas páxinas se queredes investigar.
|
E TI COMO LLE CHAMAS? PROXECTO "Aprendendo, naturalmente!" #FamiliasnaBE #PDI #ALFIN #AMI #ciencia #bibliotecacreativa #bibliotecainclusiva #LIA #bescolaresgal #bescolaresgalabertas |
Buscamos das vosas aportacións! Avoas, avós, tíos, madriñas, tías, padriños, veciña, veciño, papá, mamá, curmá... Se sabes outro nome polo que corran estas aves e paxaros, algún dito sobre elas, algún refrán... colle un papel, apunta e traeno á BIBLIOTECA ESCOLAR "CARLOS LABRAÑA", no CEIP NICOLÁS DEL RÍO. Se non podes vir nas redes tamén podes escribir, contesta no Facebook ou no Twitter da biblioteca e recolleremos a túa aportación.
|
I RUTA INTERXENERACIONAL "Aprendendo, naturalmente!" #FamiliasnaBE #PDI #ALFIN #AMI #ciencia #bibliotecacreativa #bibliotecainclusiva #LIA #bescolaresgal #bescolaresgalabertas |
Este 4 de febreiro, convocada a comunidade educativa e a veciñanza, tivemos o pracer de aprender paseando e escoitando nun entorno fermoso, o da praia da Madalena e cun día que nos ofreceu a súa mellor luz. Non era que esas plantas, aves, cunchas ou pisadas non estivesen antes, é que moitas veces a nosa actitude non nos permite ollar como se merece o mundo natural que nos arrodea. o noso espírito naturalista e medio ambiental. Unha abundante rapazada cos seus cadernos de campo (ferramenta básica) recolleu nomes científicos e datos que ilustrou con debuxiños. Un orgullo de pequenas e pequenos naturalistas! Observamos e fotografamos plantas invasoras, falamos do vendabal e do noroeste, da paisaxe dunar, dos loureiros, ollamos as dúas primeiras flores do inverno, saudounos unha garza, un bilurico bailón aledounos co seu incesante movemento e vimos o susto dunha águia peixeira ás gaivotas que descansaban na ría. Puidemos admirar o eider común que dende hai cinco anos vén pasar o inverno a Cedeira, unha das marabillas da ría e ollamos felgos que levan sobrevivindo 33 millóns de anos…falamos da Macaronesia. De certo aprendemos! Nun espazo no que convivimos todos habemos permitir que cada un teña o seu lugar e o seu dereito a vivir, ollando e respectando sempre, sen coller as floriñas que teñen o seu dereito a vivir ou sen espantar aos animais que descansan na nosa ría durante as súas longas viaxes.
o día 9 de marzo (data do natalicio do Padre Martín Sarmiento) ao naturalismo galego, proposta á que nos adherimos nós tamén e que habemos celebrar como se merece: APRENDENDO, NATURALMENTE!
|
EXPOSICIÓN DÍA DA PAZ #bescolaresgal #bescolaresgalabertas |
|
OBRADOIRO DE MÁSCARAS #bibliotecacreativa #bescolaresgal #bescolaresgalabertas |
Dúas alumnas de 3º, Vega e Martina, deleitaron a un gran público co seu obradoiro de máscaras de entroido.
Purpurina, risas e ganas de festa ao redor dun gran taller creativo.
O alumnado empoderado! Parabéns rapazas!
|
RECEITAS E COCIÑA DE ENTROIDO #FamiliasnaBE #bibliotecacreativa #bescolaresgal #bescolaresgalabertas |
Un grupo de familias toma a iniciativa e realiza unha gran proposta.
Obradoiros de cociña para o entroido. Unha xornada a mar de doce e divertida. Cantidades, produtos, pasos, perigos no cociñado, colaboración... unha gran mestura de saberes e novas aprendizaxes para conseguir unha merendola fantástica e emotiva.
Gracias familias!!
|
FÓSILES DE DINOSAURIOS #FamiliasnaBE #PDI #ciencia #bibliotecacreativa #bibliotecainclusiva #LIA #bescolaresgal #bescolaresgalabertas |
As familias realizan un obradoiro de fósiles de dinosaurios co alumnado de 4 anos.
Esta actividade está enmarcada no proxecto "Aprendendo, naturalmente!" Para quen lle apeteza profundizar temos, entre outros, un libro de realidade aumentada na biblioteca "Carlos Labraña", IDINOSAURIO.
Ven buscalo!
|
SLIME - OBRADOIROS DO ALUMNADO @11defebreroES #11F #Ciencia #Igualdade #Axenda2030 #ODS5 #Bescolaresgal #bescolaresgalabertas |
Carmen elaborou un obradoiro de Slime,
informouse ben nos libros para saber os pasos correctos, cubriu o formulario, fixo o cartaz e deu as indicacións para que todas e todos os apuntados fixeran o seu Slime.
Logo puideron levalo para seguir experimentando cos sentidos.
Un obradoiro pegañento, pero moi motivador. Gracias Carmen!
|
INICIACIÓN AO BIMBIO #FamiliasnaBE #PDI #ciencia #bibliotecacreativa #bibliotecainclusiva #LIA #bescolaresgal #bescolaresgalabertas |
Da man da Asociación Lugares Comúns, este venres 24 de febreiro, gozaremos dun obradoiro de Iniciación ao bimbio coa experta Geraldine Jones.
O alumnado realizará unha peza de artesanía con este material. Dende a biblioteca escolar queremos promover e recuperar oficios tradicionais. Esta actividade está enmarcada no proxecto "Aprendendo, naturalmente!" Recordamos que este sábado 25 realizarase o intercambio de sementes e a actuación teatral, por parte de dita asociación.
|
CLUB DE LECTURAS "Chocolate con libros" #Clubsdelectura #bescolaresgal #bescolaresgalabertas |
Os clubs de lectura continúan gozando das palabras, de cada historia e de compartir xuntos as emocións que neles provocan. Última tertulia de "O misterio do fillo de Lúa" de Fina Casalderrey. Marchan con "A verdadeira historia da mosca da tele" de María Solar. De seguro sacará máis dun sorriso!
|
CONTACONTOS MALINA PIES FRÍOS #FamiliasnaBE #STEAM #poloscreativos #bibliotecacreativa #EscribiraBE #bescolaresgal #bescolaresgalabertas | |
II RUTA INTERXENERACIONAL #FamiliasnaBE #PDI #ALFIN #AMI #ciencia #bibliotecacreativa #bibliotecainclusiva #LIA #bescolaresgal #bescolaresgalabertas |
Convidamos a toda a veciñanza e á comunidade educativa á II Ruta Interxeneracional (calquera persoa de calquera idade) pola Fraga dos Casás. Nela, Toñito do Barqueiro - Antonio Martínez Pernas, ofertará unha documentación sobre especies da nosa contorna. Recoméndase traer cámara fotográfica e prismáticos (en caso de ter) e a rapazada un caderno de campo. Podedes visitar o seu blog: Cousas do Norte Nesta ocasión o lugar de encontro será a Pizzeria "O Tropezón", pero logo iremos un pedaciño en coche ata preto da Fraga, onde aparcaremos e xa visitaremos andando.
Este roteiro pertence ao proxecto "Aprendendo, naturalmente!", esta é unha das actividades voluntarias fóra do horario escolar.
|
CHEMA DE COUZADOIRO, PRODUTOS DA HORTA #PDI #ALFIN #AMI #ciencia #FamiliasnaBE #bibliotecacreativa #bibliotecainclusiva #LIA #bescolaresgal |
Chema de Couzadoiro explícalle ao alumnado de 5º a variedade inmensa de flora que podemos ter na horta, como combinar a súa plantación,
cal é a estación recomendable. Pero non só queda na teoría, senón que
enchen o bancal de produtos deste tempo. Agora toca coidalos, hai que regar
e manter á fauna afastada, pero de xeito natural!
Chema tamén é o home do tempo da comarca, podedes seguilo no Facebook co nome de Meteo Ortegal.
Esta actividade está enmarcada no proxecto "Aprendendo, naturalmente!"
|
PALEONTÓLOGOS - NATURALMENTE, APRENDENDO! #PDI #ALFIN #AMI #ciencia #bibliotecacreativa #bibliotecainclusiva #LIA #bescolaresgal #bescolaresgalabertas |
Dentro do proxecto documental o alumnado de 4 anos realizou un obradoiro sobre paleontoloxía, tallaron pegadas e ósos con pasta branca, as mestras crearon un mundo que semellara o espazo de traballo dun ou dunha paleontóloga e por suposto, eles se fixeron cos materiais axeitados para ser, pois así aprendemos. Atoparon as pezas e as identificaron.
Un traballo de creación, recreación e observación calmada que enriquece á rapazada!
|
VOLUNTARIADO E NOVIDADES EN FONDOS! #voluntariadonaBE #bescolaresgal #bescolaresgalabertas |
A colaboración do voluntariado, sen elas e eles o funcionamente actual desta biblioteca Lía non sería posible.
Gracias rapazada por estar sempre respaldando, axudando e brindando o voso tempo para axudar a toda a comunidade! Tamén temos novidades en fondos esperando por todas e todos vos, pasade coller a que máis vos preste!
|
XOGOS DE MESA - LECTURA E FAMILIAS #FamiliasnaBE #STEAM #bibliotecacreativa #EscribiraBE #bescolaresgal #bescolaresgalabertas #poloscreativos |
Outro dos obradoiros que levamos a cabo dentro da Biblioteca Humana, no programa Lectura e familias, son os xogos de mesa.
O alumnado guiado por Jessy, unha das mamás da aula e a titora do curso, xa levan varios venres ensinando as reglas e os pasos para xogar. Xa botaron varias partidas, pero isto aínda pretende ser algo máis grande. En breves teremos novidades!
|
ARRANCAMOS GRAVACIÓNS! #arte #bibliotecacreativa #bibliotecainclusiva #LIA #bescolaresgal #bescolaresgalabertas |
Comezan as gravacións con Alicia Freire Vera para realizar unha curtometraxe co alumnado voluntario de bilbioteca. Todas e todos os que desexaron apuntarse pasaron o casting. Agora tedes que estar atentos á data de gravacións. Tedes o listado na cortiza da biblioteca. Agradecemos puntualidade no lugar da filmación da escea. Esta experiencia está supervisada pola biblioteca escolar, enmárcase dentro dos ámbitos nos que compre incidir unha biblioteca LÍA, "Iniciar un programa de educación audivisual". Temos que agradecer esta posibliidade a Alicia Freire Vera, directora da curtametraxe e a todo un pobo que está colaborando con material, espazo e tempo para que isto sexa posible.
|
O REI MIDAS - DÍA DO LIBRO - CONTACONTOS BIBLIOTECA HUMANA #DíadoLibro2023 #Lecturascompartidas #FamiliasnaBE #STEAM #poloscreativos #bibliotecacreativa #EscribiraBE #bescolaresgal #bescolaresgalaberta |
Familias e alumnado comparten tempo de lectura de calidade.
Mey Lin Apac e Magdalena Iglesias, viñeron a agasallar ao alumnado coa lectura teatralizada e posterior debate sobre
o libro "O Rei Midas". Chegaron á conclusión de que o importante non son as cousas materiais, senón a amizade, o amor...
Feliz Día do Libro! Para viaxar só hai que asomarse a unha historia. Ven á biblioteca escolar e poderás levar libros tan fermosos coma este.
Esta actividade enmárcase dentro da actividade da Biblioteca Humana/Polos Creativos, dentro do programa "Lectura e familias.
|
A XOGAR! - BIBLIOTECA HUMANA - LECTURA E FAMILIAS #LecturaeFamilias #FamiliasnaBE #STEAM #poloscreativos #bibliotecacreativa #EscribiraBE #bescolaresgal #bescolaresgalabertas |
Despois de aprender as reglas dos xogos, o alumnado de 1º convida ás nenas e nenos de 4 anos de E.I. a pasar un anaco divertido na biblioteca.
Veñen acompañados por Jessica Martínez Urosa, mamá de Unai e Sofía (que nos estivo ensinando as reglas dos xogos) e as mestras. Os xogos de mesa introducen ao alumnado no xogo de reglas, axudan a socializar, ser máis empáticos, respectar espacios e opinións, aprender a xestionar emocións (como a frustración cando perden), mellora a atención... Ten unha serie de beneficios que o fan unha actividade completa. Só temos que ollalos neste vídeo para ver que o pasaron fenómeno!
Esta actividade enmárcase na Biblioteca Humana/ Polos Creativos, do programa "Lectura e familias".
|
MAKING OF NAVEGANTES - CURTAMETRAXE ALICIA FREIRE VERA #voluntariadonaBE #arte #bibliotecacreativa #bibliotecainclusiva #LIA #bescolaresgal #bescolaresgalabertas |
O voluntariado de lectura da Biblioteca Escolar, que desexou apuntarse, continúa realizando as gravacións para a curtametraxe dirixida por Alicia Freire Vera. Cada día é unha nova oportunidade para aprender sobre o mundo do cine: focos, cámaras, acción! Non hai máis que palabras de agradecemento para Alicia, que se desvive por ofrecerlles oportunidades inesquecibles para aprender, valorarse, quererse, descubrirse... Porque moita rapazada non sabe o que ten dentro, conectar con esa persoa que veu abrir a chave dos teus desexos, sentimentos, do que te move, da ilusión durmida é máxico. Gracias Alicia!
|
QUE VES TRAS DA VENTÁ? #PDI #ALFIN #AMI #ciencia #FamiliasnaBE #bibliotecacreativa #bibliotecainclusiva #LIA #bescolaresgal |
Unha actividade de observación da paisaxe realizada polo alumnado de 1º.
A ver tamén se aprende, este é un ollar detido, mirar, reparar no que ves, achar,
ver cambios dun día ao seguinte, pois a natureza cambia, hai acción humana... Por exemplo, un dos días apareceu un tractor a tocar na area, ao seguinte o alumnado reparou nos cambios. As árbores dos tarais están nese cambio
primaveral, herbas e flores comezando a medrar...
O andar rápido, a rutina crea grandes problemas de observación,
hoxe máis ca nunca temos que ensinar a ver. Estes pequenos e pequenas naturalistas están aprendendo a observar.
|
ÁLBUM CROMOS FLORA E FAUNA DA CONTORNA - PDI #PDI #ALFIN #AMI #ciencia #FamiliasnaBE #bibliotecacreativa #bibliotecainclusiva #LIA #bescolaresgal |
Un soño cumprido! O proxecto documental sobre a flora e fauna da nosa contorna merecía un produto final divertido, pero á mesma vez rigoroso. Contamos coa colaboración de Rafael López Loureiro, naturalista e mestre xubilado da nosa escola, que aportou as fotografías e documentación sempre que o necesitamos. O Concello de Cedeira subvencionou as impresións do álbum. A equipa da biblioteca "Carlos Labraña" xunto con Carmen Lorenzo, parouse na escolla das especies, nos textos... E Akelarre deulle forma e deseño baixo as pautas acordadas. Un traballo intenso e inmenso, froito da colaboración de varios axentes sociais, para obter ilusión por aprender. Esta é unha das reaccións dunha aula ao atoparse con inmellorable sorpresa. Durante estes días iredes vendo moitas máis. Agradecer a colaboración de todos e cada un dos participantes. Esta rapazada leva un curso somerxido no estudo da fauna e da flora. Coñece, sabe describir e identificar a meirande parte das especies que saen no álbum. Rematado o proxecto levará este álbum para compartir coa súa familia e transmitir, compartir o aprendido. Poderá espallar cultura naturalista!!
|
CONTACONTOS "LECTURA E FAMILIAS" - O DRAGÓN ZOG #LecturaeFamilias #FamiliasnaBE #STEAM #poloscreativos #bibliotecacreativa #EscribiraBE #bescolaresgal |
Nesta ocasión Karen Leimdorfer será a transmisora da fermosa historia de "El dragón Zog" o versionará en galego e inglés, o seu idioma natal.
Será un agasallo para o alumnado de 2º de primaria.
|
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 32
- 33
- 34
- 35
- 36
- 37
- 38
- 39
- 40
- …
- seguinte ›
- última »