Título | Resumo |
---|---|
CONTACONTOS CON MÓNICA BELLAS #LecturaeFamilias #FamiliasnaBE #STEAM #poloscreativos #bibliotecacreativa #bescolaresgal | |
EXPOSICIÓN 25N #25N #bescolaresgal #igualdade #Axenda2030 #ODS5 #bibliotecainclusiva #bescolaresgalabertas |
|
NOVIDADES EN FONDOS 25N #nonhaiexcusa #25N #bescolaresgal #igualdade #bibliotecainclusiva #bescolaresgalabertas |
Na Biblioteca Escolar "Carlos Labraña" tedes a vosa disposición os libros de Menstruita, o proxecto de educación sexual de Cristina Torrón.
|
CONTACONTOS CON MARIBEL FERNÁNDEZ #LecturaeFamilias #FamiliasnaBE #STEAM #poloscreativos #bibliotecacreativa #bescolaresgal |
Este mércores visitounos outra familia,
Maribel Fernández Pazos e veu cunha sopa moi rica.
"A mellor sopa do mundo" De Susanna Issern (Autora), Editorial OQO.
Unha actividade do programa Lectura e Familias,
a través da Biblioteca Humana-Polos Creativos.
|
Vivamos como cedeireses! Sanadresiños. 1º ciclo. |
Entrada Sanandresiños de l.c.carneiro92 |
BIBLIOTECA HUMANA - MANUALIDADES STEAM #LecturaeFamilias #FamiliasnaBE #STEAM #poloscreativos #bibliotecacreativa #bescolaresgal |
Sabela Lourido e Javier Calvo agasállanos cun obradoiro de Nadal para o alumnado de 3 anos. Foi unha experiencia fermosa, dado a idade das raparigas e raparigos, que aínda están por facer o seu 1º trimestre na escola. Gracias por compartir felicidade, risas e momentos para o recordo.
Esta é unha actividade enmarcada na Biblioteca Humana/Polos Creativos, no programa "Lectura e familas" da Asesoría de Bibliotecas.
|
TEMPO DE NADAL "MÚSICA, MAESTRO!" #Nadal#Cedeira #ABP #ALFIN #AMI #bibliotecacreativa #Axenda2030 #ODS #FamiliasnaBE #bibliotecainclusiva #bescolaresgal #bescolaresgalabertas |
Chegado o tempo de Nadal moitas familias achéganse á biblioteca a realizar unha documentación moi importante, a transmisión da tradición oral da nosa música de Nadal: panxoliñas, cantos de reis e por suposto, unha manchea de contos. Hoxe contamos coa visita de Jose de Vigo, que agasallou ao alumnado de 5º e 6º con dúas panxoliñas que falan da xeografía da nosa vila. Con elas inauguramos esta semana de tradición oral de xeneración en xeneración.
José de Vigo prometeunos voltar, aquí quedan as panxoliñas grabadas para ir practicando nestes días. A primeira é da súa colleita, escrita e cantada por José de Vigo. Unha panxoliña na que collemos todos os de Cedeira, de tódalas parroquias, perfecta para nos tempos que estamos. A segunda é unha canción mariñeira, a primeira noticia a recibimos por unha mamá, falounos de Manolo do Mudo (en paz descanse) e desta canción. Despois soubemos por Jose que a cantaban nos bares, as fins de semana, despois de vir do mar, Manolo do Mudo, Manolo Vergara, Javier Vergara e Manolo Pita Cribeiro ( O Norreca). Ata o de agora, aínda estamos por saber de certo, se a letra é só de Manolo do Mudo ou hai máis autores. Pero o que máis nos gusta é que permanecera na tradición oral. Hoxe pasa a unha nova xeración que ten que encargarse de cantala moito e transmitila á seguinte. Agasallos musicais da man dos que hoxe non están e grazas a José de Vigo. Cantada polos nenos en homenaxe aos que hoxe non están. Podedes descargar a panxoliña e a canción nos ficheiros adxuntos.
|
GALLETAS NADAL #Nadal #Cedeira #bibliotecacreativa #bibliotecainclusiva #bescolaresgal #bescolaresgalabertas |
A biblioteca leva todo o mes ulindo moi ben! A razón é que a cociña non para! Desta volta tocaron galletas cos Vagalumes de 2ºC. En grupos cooperativos prepararon unha tanda de galletas para meter no forno, arrefriaron un día e ao seguinte as embolsaron e adobiaron cunha manualidade de nadal que xa tiñan preparada e reservada para esta ocasión tan especial.
|
NADAL INTERCENTROS #inclusión #bibliotecainclusiva #LecturaeFamilias #FamiliasnaBE #bescolaresgal #bescolaresgalabertas |
O tempo de Nadal é unha época para coincidir, para convidar, para estar xuntos e compartir o que temos con outros. Así decidimos realizar un encontro entre o alumnado da Asociación Apader e un dos sextos. Primeiro presentáronse, algúns xa se coñecen de coincidir pola vila, outros xamais se viran, pero todos gozamos dun tempo xuntos realizando un obradoiro moi doce típico do Nadal. Ao remate, o alumnado de sexto explicoulles o funcionamento da nosa Biblioteca Lía, non lles quedou detalle, probaron diversos recursos (ordenadores táctiles, xogos, pantallas...) explicáronlles a CDU e quedamos en que virán facer empréstito. Na seguinte a repazada de sexto irá ao centro de Apader realizar un obradoiro ben chulo, que tamén ten que ver con libros! 3 de decembro Día Internacional das Persoas con discapacidade, todos somos iguais e todos diferentes, isto non é cousa dun día. Por unha convivencia plena e normalizada.
|
LECTURA E FAMILIAS CARLOTA PICOS #LecturaeFamilias #FamiliasnaBE #Nadal #poloscreativos #bibliotecacreativa #bescolaresgal |
O alumnado de 3 anos tivo unha visita especial, a de Carlota Picos, a mamá de David. Con ela realizaron un obradoiro de árbores de Nadal de milfollas. Boa parte quedou nas fontes e foi ao forno, outra a levaron posta. De seguro foi unha mañá máis que doce e divertida! Esta é unha actividade enmarcada na Biblioteca Humana/Polos Creativos, no programa "Lectura e familas" da Asesoría de Bibliotecas.
|
BANDA DESEÑADA CON RECOMENDACIÓNS LECTORAS OBRADOIRO #Nadal #Cedeira #bibliotecacreativa #bibliotecainclusiva #LecturasRecomendadas #recomendaciónslectoras #UnhaBEenViñetas #mercaencedeira #bescolaresgal #bescolaresgalabertas |
Diego Cheda é o autor dunha divertida tira cómica de Nadal, creada especialmente para nós coas personaxes da nosa biblioteca. Esta banda deseñada foi entregada a todo o alumnado da escola para ler, xogar e decorar. Tras dela marchan para a casa as recomendacións lectoras para as familias. Engadimos un pdf coa banda en cor e en branco e negro para imprimir e tamén, as recomendacións. Se clicades na ligazón accederedes tamén ás recomendacións en Genil.ly que aportan máis información s obre os libros recomendados. Gracias Diego por estar sempre! Sumámonos tamén ás compras responsables. Mercade na vila!
|
INTERCAMBIO DE EPÍSTOLAS #bibliotecacreativa #Nadal #bescolaresgal #bescolaresgalabertas |
A escritura e a lectura son dous dos pilares máis importantes da biblioteca escolar. Conxugamos a aprendizaxe destas habilidades coa motivación do alumnado e creamos actividades que impliquen reforzar actitudes que desexamos que se reproduzan constantemente. As epístolas contribuén a todo isto, por iso é unha tarefa que replicamos unha e outra vez. A quen non lle gusta recibir unha carta? Estas son as da nosa rapazada! Engadir que o alumnado sempre ten acceso a apoios á escritura, paos correctores, infografías ortográficas... para brindar seguridade, crear un hábito de corrección e mellorar a escrita.
|
ESTAMOS DE PARABÉNS! PREMIO PROXECTO "NATURALmente, APRENDENDO!" #PDI #ALFIN #AMI #ciencia #FamiliasnaBE #bibliotecacreativa #bibliotecainclusiva #LIA #bescolaresgal |
Orgullo das nosas xentes, da nosa flora, fauna, paisaxes! Gracias a todas e todos os que sementastes neste proxecto, moita xente pasou pola biblioteca, pola escola, polos roteiros... unha vila ollou a natureza, escoitouna, mimouna, observouna. Grandes e pequenos, todos xuntos aprendemos a mirar. Hoxe estamos de parabéns! Saimos premiados no IX Concurso de Traballo por Proxectos coordinados ou co apoio da biblioteca escolar.
Recordade seguir observando. Deixamos unha entrada do blog "Ao Noroeste, do Noroeste" de Rafael López Loureiro, de seguro vos vai gustar.
|
LEGO WEDO PROGRAMANDO #bibliotecacreativa #Nadal #bescolaresgal #bescolaresgalabertas |
En grupos cooperativos o alumnado segue as instruccións, monta e programa con Lego Wedo.
|
UNHA HISTORIA DE POMBAS - LECTURA E FAMILIAS #LecturaeFamilias #FamiliasnaBE #poloscreativos #bibliotecacreativa #bescolaresgal |
Este venres, na Biblioteca Humana, tivemos a Marta Cheda e unhas convidadas moi especiais. Elas son quen de enviar fermosas epístolas!
|
ESPAZOS SEGUROS PARA A INFANCIA - LECTURA E FAMILIAS #LecturaeFamilias #bescolaresgal |
Coa intención de brindar unha documentación útil para as familias, imos compartir unha serie de recursos, a través de vídeos, libros e documentais que poden ser de moita utilidade no entorno familiar e escolar para crear espazos seguros e traballar a educación afectivo sexual e a prevención do abuso á infancia. Algúns destes contidos son para público infantil, outros necesitan a guía dun adulto e outros só están indicados para adultos. Irémosvos comentando. Comezaremos cunha canción para público infantil. Nos vindeiros días publicaremos outros recursos.
|
FONDOS NOVIDADES #bescolaresgal #bibliotecainclusiva #bescolaresgalabertas |
|
NOVOS FONDOS #bescolaresgal #bibliotecainclusiva #bescolaresgalabertas |
Ven coller unha novidade: libro informativo, banda deseñada, libro de aventuras, poesía, teatro... Unha gran variedade para tódolos gustos e se queres algo especial, non esquezas deixar a túa suxerencia na caixa de suxestións.
|
PROXECTO "MÚSICA, MAESTRO!" - ALUMNADO 2ºA #Cedeira #ABP #ALFIN #AMI #bibliotecacreativa #Axenda2030 #ODS #FamiliasnaBE #bibliotecainclusiva #bescolaresgal #bescolaresgalabertas |
Desta volta os protagonista das cancións infantís son Iñaki, Carme e Simón. Esta é unha actividade enmarcada no proxecto documental "Música, maestro!".
|
MAMBRÚ VOLVEU DA GUERRA - CARLOS LABRAÑA #Cedeira #LecturasRecomendadas #Clubsdelectura #Igualdade #bibliotecainclusiva #bescolaresgal #bescolaresgalabertas |
A pasada semana recibimos a visita dun autor moi importante para nós, o dramaturgo que da nome á nosa biblioteca! Carlos Labraña realizou unha mini representación da súa obra "Mambrú volveu da guera", unha historia lida en diferentes cursos e con diferentes idades, pero nas que todas suscita unha conversa que convida á reflexión. Que pasou? Porqué o soldadiño estaba enterrado? Era unha persoa esquecida, pero xa non o é. Imos coñecelo, voltarlle o seu nome, coñecer que pasou. Reflexións que se abordaron nas aulas, na escola, na visita e que de seguro, estenderanse ás familias. Porque falar é un moi bo comezo. Sementemos a PAZ.
|
ASEMBLEAS DA INFANCIA - DÍA DA EDUCACIÓN #DiadaEducacion #UNESCO #Cedeira #bescolaresgal #bescolaresgalabertas |
Coincidindo co Día da Educación, celebrouse na biblioteca unha nova xuntanza de delegadas e delegados. Estaba na orde do día traer consensuado das aulas unha prioridade das que foran escollidas na reunión anterior. Ao final, quedaron empatadas tanto a limpeza da praia como a recollida de alimentos. Pola importancia de ámbalas dúas, a asamblea decide levalas adiante ao mesmo tempo. Acordan unha nova reunión, para poñerse en contacto co Concello de Cedeira e comunicar a intención desta recollida de comida e o plan que expresaron (manter unha reunión para ver se é posible ou se ofrece/ocorre algunha outra forma ou medida) e redactar unha carta para comunicar cadros de limpeza da praia ás aulas. Agradecer o excelente comportamento de tódalas persoas presentes, saber estar, boa comunicación e recollida de acordos e posibles solucións.
|
SALA DE CINE - POLOS E BIBLIOTECA CREATIVA #Cedeira #poloscreativos #bibliotecacreativa #bibliotecainclusiva #bescolaresgal #bescolaresgalabertas |
Salas versátiles! O cine na escola!
|
PROXECTO "MÚSICA, MAESTRO!" - SEXTO #Cedeira #ABP #ALFIN #AMI #bibliotecacreativa #Axenda2030 #ODS #FamiliasnaBE #bibliotecainclusiva #bescolaresgal #bescolaresgalabertas |
|
PROXECTO "MÚSICA, MAESTRO!" - CHOCOLATE CHOCOTETE #Cedeira #ABP #ALFIN #AMI #bibliotecacreativa #Axenda2030 #ODS #FamiliasnaBE #bibliotecainclusiva #bescolaresgal #bescolaresgalabertas |
|
PROXECTO "MÚSICA, MAESTRO!" - SEGUNDO #Cedeira #ABP #ALFIN #AMI #bibliotecacreativa #Axenda2030 #ODS #FamiliasnaBE #bibliotecainclusiva #bescolaresgal #bescolaresgalabertas |
|
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 35
- 36
- 37
- 38
- 39
- 40
- 41
- 42
- 43
- …
- seguinte ›
- última »