Alumnado
COMEDOR ESCOLAR 2024-2025
Ábrese o prazo para a presentación de solicitudes para facer uso do comedor escolar no vindeiro curso 2024-25. Podense recoller os impresos de solicitude no propio centro ou ben descargalos premendo na imaxe:
Aos efectos de orientar ás familias sobre o cálculo do importe dos prezos públicos polo uso do servizo de comedor escolar, incorpórase unha calculadora a través da páxina web da consellería que facilita o cálculo en función da renda neta per cápita da unidade familiar e do número de menores en idade escolar. O acceso a calculadora estará dispoñible a través do link:
https://www.edu.xunta.es/comedores/calculadora.jsp
PROCESOS LECTORES
Queremos presentarvos un pequeno proxecto que acaba de dar comezo da man de Santi, mestre especialista en Pedagoxía Terapéutica do CEIP Manuel Respino e que pode ser de gran interese para toda a nosa comunidade educativa. Esperamos que vos guste!
DÍA DA MULLER
Os cativos protagonizan o acto polo 8M na praza do Concello de A Rúa
Para leer mais da noticia prema no seguinte enlace:
https://osil.info/os-cativos-protagonizan-o-acto-polo-8m-na-praza-do-concello-da-rua/
RECOLLIDA DE ROUPA E CALZADO USADO
Un curso mais, a ONG Global Humanitaria pon en marcha a campaña solidaria «Mariola» de recollida de roupa e calzado usados coa que se dedica parte dos beneficios obtidos ao financiamento dos proxectos humanitarios dirixidos pola ONG en India.
As familias que desexen colaborar poden facelo entregando no centro a roupa e calzado usado nunha bolsa pechada ata o luns 4 de marzo de 2024.
Para calquera dúbida ou consulta, Mariola Solidaria está á vosa disposición no correo electrónico info@csmariola.com ou no teléfono +34 96 651 66 56.
CONDICIÓNS CLIMATOLÓXICAS PARA O DESFILE DE ENTROIDO
Estimadas familias,
Dirixímonos a vostedes para informarlles sobre as opcións que plantexamos para levar a cabo o desfile de entroido, considerando as condicións climatolóxicas que poden afectar a súa realización.
Dadas as variacións climáticas e as posibles inclemencias do tempo, elaboramos un plan alternativo para garantir a seguridade e o goce de todos os participantes no desfile.
A continuación, presentámoslles as opcións dispoñibles:
- Desfile ao aire libre (opción principal): no caso de que as condicións climáticas sexan favorables e non representen un risco para a saúde e seguridade do alumnado, o desfile levarase a cabo polas rúas da vila.
- Desfile no interior do centro: si as condicións climáticas son desfavorables e representan un risco para a saúde dos participantes, preparamos un plan alternativo para realizar o desfile no interior das nosas instalacións. Habilitarase un percorrido para que o alumnado desfile no patio cuberto así como unha zona delimitada para o público.
Queremos lembrarlles que o desfile de entroido é unha actividade organizada por e para o alumnado. Neste sentido, é fundamental que as familias nos axuden a manter un ambiente propicio para que os nenos e nenas poidan gozar plenamente da experiencia.