NADAL 2018

Neste curso 2018-2019 celebramos o Nadal con diferentes actividades, como xa vén sendo habitual. Ambientamos os corredores e a entrada e, grazas a colaboración de familias e alumnado, fixemos unha gran exposición de tarxetas de Nadal.

Visitamos a Residencia Nosa Señora de Fátima de A Rúa para compartir panxoliñas, bailes e cantos cos máis maiores da zona.

No noso centro, profundizamos na figura do Apalpador, un personaxe típico da zona do Courel e dos Ancares, que na Terra de Trives se coñece co nome de Pandigueiro. Estas actividades consistiron na visión de videos, actividades interactivas na Pizarra dixital eos nenos e nenas de 1º, escribironlle unha carta ao Apalpador, que levaron a Correos.

Os días 20 e 21 de decembro ofrecemos as nosas actuacións ás familias, aos mestres e demais compañeiros do centro. Neste festival ofrecemos panxoliñas, obras de teatro, coreografías e... algunha sorpresiña, como o conto que nos contou Paula, nai de Noa de 6º de Primaria: "Los fantásticos libros voladores del señor Morris Lessmore". Foi moi divertido!!!

   

    

   

Theme by Danetsoft and Danang Probo Sayekti inspired by Maksimer