Como cada ano, visitamos o IES San Mamede co alumnado de 6º de Educación Primaria.
Nesta visita coñeceron o que será o seu novo centro educativo no vindeiro curso e recibiron información importante para o seu comezo na Educación Secundaria Obrigatoria.
A continuación podedes visualizar unha breve reseña da labor que leva a cabo o Departamento de Orientación, quedando a vosa disposición para calquera consulta na que vos poidamos axudar.
Con motivo da Celebración da Conmemoración do 25N, Día Internacional contra a Violencia de Xénero, todos os nenos e nenas dende 4º de educación infantil ata 6º de educación primaria, os docentes e persoal non laboral quixemos facer visible a nosa postura.