Skip to Content

 Estamos nas redes sociais! 

Ligazón Conta Centro Twitter

Taboleiro

Concurso: logotipo do centro

O CEIP Plurilingüe de Maceda cambia a súa imaxe corportativa.

O centro organizou un concurso coa colaboración do IES San Mamede  para buscar un logotipo afín a nosa identidade. Varios alumnos do instituto participaron na súa elaboración.

O gañador final, Hugo Rey Prol, exalumno do centro, fixo un deseño orixinal no que se presenta a serra de San Mamede co noso castelo.

Parabéns!!

Aquí tedes o logo gañador:

Agraceder a Eroski Maceda a súa participación e colaboración no concurso.

Álbum: Curso 2021-2022 -> Concurso_Logo_CEIPPMaceda

SORTEO DA CESTA DO ALUMNADO DE 6º DE PRIMARIA

Este venres, 3 de xuño, procedeuse ao "sorteo da cesta" para axudar ao alumnado de 6º de Primaria a recaudar fondos para xestionar a viaxe de fin de curso.

O número agraciado é o 609

Preme na seguinte imaxe para ver o vídeo do sorteo

 

 

Fondo Solidario de libros de texto e axudas adquisición libros e material

A quen vai dirixido?

  • Fondo solidario de libros de texto: alumnado matriculado en 3º, 4º, 5º e 6º de EP.
  • Axudas para adquirir libros de texto: alumnado matriculado en 1º e 2º de EP e en educación especial (EE); así como as axudas que pode recibir o alumnado incluído na disposición adicional primeira (discapacidade ≥ 65%) e na disposición adicional segunda (necesidades específicas de apoio educativo –NEAE-), circunstancia que fará constar o centro na solicitude.
  • Axudas para adquirir material escolar: alumnado matriculado en EP e EE.

 

Prazo

Dende o  19 de maio ao  22 de xuño de 2022 no centro escolar ou mediante a sede electrónica.

 

Documentación necesaria:

  • Solicitude unha soa por familia e por centro (Anexo I)
  • Anexo II.
  • Copia de todo o libro de familia.
  • En caso de separación ou divorcio, ademais deberán achegar a sentenza xudicial /ou convenio regulador onde conste a atribución da custodia do/a menor.

 

Para poder optar ás axudas, é condición indispensable ter devoltos todos os libros prestados do Fondo Solidario do curso anterior.

 

LETRAS GALEGAS: Florencio Delgado Gurriarán

O venres, 13 de maio, celebramos o Día das Letras Galegas no  cole, que este ano está adicado a Florencio Delgado Gurriarán.

O equipo de Dinamización da Lingua Galega presentou distintas actividades a desenvolver neste día. A titora de 6º de Primaria organizou unha "procura do tesouro sobre Florencio Gurriarán".  O alumnado de 6º de Primaria elaborou unha pistas para atopar as pezas que compuñan o crebacabezas sobre Florencio. Unha actividade moi satisfactoria tanto para o participantes como para os organizadores desta pescuda. Así mesmo, convocouse un concurso de "memes  sobre Florencio". A gañadora foi Carla de 4º de Primaria. Parabéns!!

Álbum: Curso 2021-2022 -> Letras Galegas_Florencio_Delgado_Gurriarán

Xornada Presentación Polos Creativos

O día 26 unha pequena representación do alumnado de 4º e 6º de Educación Primaria tivo a oportunidade de desprazarse á Cidade da Cultura, en Santiago de Compostela, para mostrar os traballos realizados no campo da Programación e Robótica durante o curso escolar.

Alí tiveron a oportunidade de coñecer ao presidente da Xunta de Galicia, ao Conselleiro de Educación e ás demais autoridades e puideron explicar os seus proxectos a outros docentes interesados.

  

O CEIP Plurilingüe de Maceda foi seleccionado xunto con outros 19 centros de todo Galicia para participar neste evento de presentación dos polos creativos, as novas aulas con dotación tecnolóxica que se establecerán nos centros que o soliciten.

Estamos moi orgullosos do seu traballo e do ben que o fixeron durante a xornada.

Parabéns aos nenos que tiveron a ocasión de representarnos pero tamén a aqueles que tiveron que quedar polas limitacións establecidas.

Velaquí as fotos do evento.

  

Álbum: Curso 2021-2022 -> Presentación Polos Creativos

23 de Abril, Día Internacional do Libro

O pasado sábado, 23 de abril, celébrase a nivel internacional o "Día do Libro"

Este ano o equipo de Biblioteca levou a cabo a "Feira do Libro". O venres 22 de abril o centro mudou o seu aspecto para traballar todas as singularidades relacionadas coa lectura.  O alumnao de infantil e primaria participou activamente nos obradoiros deseñados polo equipo de Biblioteca. Os obradoiros ofertados foron os seguintes:

  • Obradoiro de marcapáxinas.
  • Obradoiro de contacontos en inglés.
  • Obradoiro "Feira de libros".
  • Obradoir de lectura.
  • Obradoiro de elaboración de títeres.

Preme na seguinte imaxe para acceder a galería de fotos:

Fonte:Pixabay

 

 

Instrucións sobre o uso da máscara

Hoxe publicáronse as directrices sobre o uso das máscaras no ámbito educativo da nosa comunidade autónoma.

Premendo aquí podedes consultar o documento.

Dende o centro seguimos insistindo na responsabilidade e precaución de todos os membros da comunidade educativa.

Semana da Prensa

Durante a Semana da Prensa o alumnado de 6º curso estivo traballando sobre distintas noticias de actualidade. A continuación podedes ver as súas creacións: 

  

 

Isabel Zendal

Co motivo da conmemoración do Día Internacional da Muller o alumnado de 6º curso coa axuda da súa titora elaborou unha presentación de forma colaborativa sobre Isabel Zendal.

Velaquí o resultado:  

International Women's Day

Grade 1 and grade 2 celebrate International Women's Day drawing their super women.

Mums, grandmas, teachers, friends... we are all wonder women!

 

Primeiro e segundo celebran o Día da muller debuxando as súas súper mulleres.

Nais, avoas, mestras, amigas... somos todas marabillosas!

 

                                 

Distribuir contido


by Dr. Radut