Skip to Content

 Estamos nas redes sociais! 

Ligazón Conta Centro Twitter

Taboleiro

Digital Week

Onte despedimos ao alumnado de 6º curso de Educación Primaria na súa saída cara Bergondo (A Coruña).

O noso proxecto foi un dos seleccionados para participar no programa de inmersión lingüística da Consellería de Educación “Digital Week”.

Dende o domingo 16 ata o sábado 22 de outubro os alumnos terán a oportunidade de desenvolver durante a súa estancia de campamento diversas actividades nas que, non so practicarán as súas destrezas na lingua estranxeira, senón que tamén mellorarán a súa competencia dixital.

Premendo aquí podedes atopar toda a información.

Comezamos!!!!

As mestras de Educación Infantil prepararon este recibimento para o primeiro día de cole do noso alumnado.

Organización entradas e saídas

Recomendacións merendas

Calendario Escolar

Preme na frecha ou na imaxe para visualizalo a páxina completa. 

 

 

Reunión de Benvida

Atención: A reunión para as familias do alumnado de 3 anos será o luns día 5 ás 10:00 horas.

Listaxe provisional Fondo Libros 3º, 4º, 5º e 6º

Podedes consultar aquí a listaxe provisional co número de libros concedidos para o curso 2022-2023.

A listaxe definitiva, na que aparecen os libros por materia concedidos, poderá consultarse a partir do 4 de xullo.

 

LIBROS DE TEXTO PARA O CURSO 2022/2023

Picando na imaxe pódense visualizar os libros de texto do próximo curso 2022-2023 para tódolos cursos de Infantil e Primaria

A continuación podedes descargar o documento en pdf do listado de libros en "adxuntos".

Graduación do alumnado de 6º de Primaria

Un ano mais toca despedir o noso alumnado mais lonxevo no centro...fanse maiores!! O acto de graduación do alumnado de 6º de Primaria estivo cheo de sorpresas e moita emoción.

Moita sorte na vosa nova etapa en Secundaria!!

 

Álbum: Curso 2021-2022 -> Graduación_6º-Primaria

Graduación 6º Infantil

Os  nenos e nenas de 6º de Infantil (5 anos) graduáronse!!

Despedimos os nosos peques da etapa de Infantil cunha gran festa. Atrás quedaron moitos días de felicidade, traballo, algún que otro disgusto...canto vos imos votar en falta!!

Álbum: Curso 2021-2022 -> Graduación_6º-Infantil
Distribuir contido


by Dr. Radut