Dinamización Lingüística
O MAGOSTO
O xoves 17 de novembro celebramos no Curros a festa do magosto.
Pola mañá tivemos unha sesión de xogos tradicionais. Dividimos o patio en dúas zonas, unha para Infantil e 1º de Primaria e outra para o resto do alumnado, onde se levaron a cabo xogos adaptados en dificultade á idade dos/as nenos e nenas.
Pola tarde fixemos unha degustación de froitos secos e de froitos de outono, fogata e castañas. Por suposto non faltou o baile.
XORNADA CONTACONTOS
O martes, 24 de maio, todo o alumnado do colexio gozou dunha sesión de contacontos a cargo das Tres Xemelgas e a Bruxa Aburrida.
Pola mañá o conto escollido foi o da Cebra Camila para Infantil, 1º e 2º ciclo de primaria.
Pola tarde o alumnado de 5º e 6º deron A volta ó mundo en 80 días.
Os/as alumnos/as participaron tamén, non só escoitaron, xa que eran contos interactivos.
CONVIVENCIA "CURROS ENRÍQUEZ"
O ENTROIDO
Un ano máis vaise achegando unha festa de moita tradición na nosa provincia.
No noso cole queremos festexar o entroido, comezando coa figura do meco; este ano será MECA, por aquelo de ir cos novos tempos.
Cada día da semana irá dando unha orde do complemento de vestuario co que teremos que vir ao colexio.
Si queredes admirar a súa beleza e elegancia mirade esta foto.
O primeiro mandato:
A MECA DI:
O LUNS
COMO O ENTROIDO COMEZA
DIA DA PAZ
O venres 29 de xaneiro todos/as os/as nenos/as do colexio e mestres participamos nun acto colectivo no que interpretamos unha canción, adaptación do tema de Michael Jackson "Heal the world" .Esta actuación realizámola no ximnasio do centro.
Aquí vos queda a mostra da letra da canción:
"A PAZ"
Debe haber un lugar dentro do teu corazón
Onde a paz brilla máis que unha lembranza
Sen a luz que ela dá xa non conseguimos máis
Atopar o camiño da esperanza.
Sinto, chega o tempo de enxugar o pranto dos homes
Estendendo as mans e facendo irmáns.
Só o amor, cambia o que xa pasou
CONCURSO TARXETAS DE NADAL DA FUNDACION CURROS ENRIQUEZ
Dúas alumnas de 6º de Primaria do noso centro, Elsa e Cristal foron premiadas pola Fundación Curros Enríquez de Celanova, polos seus debuxos relacionados coa obra de Celso Emilio Ferreiro e que serviron pala elaborar tarxetas de felicitación de nadal do concello.
Elsa e Cristal cos seus debuxos e as tarxetas elaboradas a partir deles, con membros da Fundación Curros Enríquez.
Elsa e Cristal xunto aos agasallos que recibiron.
CONCURSO DE CONTOS DE NADAL
O centro celebrou por cuarto consecutivo o concurso de contos de nadal, para non perder a gran tradición literaria desta comarca.
Estas eran as bases:
Os gañadores do concurso foron:
Ián Martínez de 1º A
Miguel Mociño de 1º B
Gabriel de 2º A
Tamara Pereiro de 2ºB
Iago González de 3º
Lucía Fernández de 4º
Diego Fernández de 5ºA
Roi Núñez de 5ºB
Carlos Conde de 6ºA
Rosana González de 6ºB
CONCURSO DE TARXETAS DE NADAL
Un ano máis convocamos o concurso de tarxetas de nadal.Houbo gran participación, e gran calidade, o que dificultou a elección dunha por aula.
Esta é unha mostra da exposición.
Tarxetas premiadas
As tarxetas enviadas como felicitación á comunidade escolar son as seguintes:
E.Infantil:
Antón Fidalgo de E.Infantil 5 anos A
A FESTA DO MAGOSTO
O día 11 de novembro celebramos a festa do Magosto con distintas actividades.
Pola maña os alumnos/as e mestres participamos nunha sesión de xogos populares organizados polos mestresde E. Física. Distribuimos dúas zonas de xogos, unha para os nenos/as de E. Infantil e 1º de Primaria e outra para o resto de Primaria. Cada mestre encargouse dun xogo, polo que iban pasando os nenos/as en grupos de trece aproximadamente. Todos os nenos/as pasaron por todos os xogos, nove en total:billarda, chave, tirasoga, birlos, carreira de sacos,zancos,...
Letras Galegas 2009
Aquí atoparás vídeos das actividades realizadas o
DÍA DAS LETRAS GALEGAS
e tamén unha semblanza do escritor homenaxeado
III CERTAME LITERARIO DE POESÍA
O Equipo de Normalización en colaboración coa Biblioteca, convocou o III Concurso de Poesía , con motivo da celebración do Día das Letras Galegas.
As bases son as seguintes:
O día 15 de maio farase un recitado, no salón de actos do centro, das poesías gañadoras.
Os nenos e nenas de E.Infantil tamén recitarán poesías creadas nas aulas.
Ao remate das lecturas farase entrega dos premios (libros de poesía) aos gañadores.
XORNADA DE CONVIVENCIA
Os alumnos/as do CEIP Curros Enriquez participaron nun encontro con outros colexios de Galicia na clausura do Centenario de Curros Enriquez.
Visitando a casa de Curros.
Á xuntanza literaria presentamos a canción O MAIO
Nos seguintes enlaces podedes atopar a noticia en La Región:
CONTO VIAXEIRO
No mes de xaneiro aventurámonos na elaboración do conto viaxeiro, protagonizado pola mascota da biblioteca do centro, o dragón Pepón.
Cada semana, Pepón viaxará con este conto polas distintas aulas, empezando por infantil 3 anos e rematando en 6º de primaria. Os nenos e nenas inventarán a súa historia.
Aquí tedes a mostra das primeiras viaxes.
A aventura comezou na aula dos máis pequenos(3 anos). ¡Menudos artistas!
Os nenos e nenas da aula de 4 anos A reciben o conto. ¡ Que ilusión!
Agora son os nenos/as da aula de 4 anos B os/as que continuarán a historia. ¿Que nos contarán?
ENTROIDO 2009
O NOSO MECO
Este ano,para celebrar o entroido, o noso centro recuperou unha figura tradicional desta festa, "o meco".
O venres, 13 de febreiro colocamos á entrada do centro un "meco" moi xeitoso, por certo,dando a orde para o luns; de todos é ben sabido que lle gusta moito mandar.
Os máis cativos levaron un debuxo coas ordes de toda a semana, para facilitarlles o traballo e que participen coma os que máis.Aquí tedes a mostra:
ANIMÁMOSVOS A TODOS A PARTICIPAR
E COAS ORDES DO MECO DISFRUTAR!!!
CONTOS PREMIADOS NADAL
Como en anos anteriores, o noso centro, convocou o Concurso de Contos de Nadal dirixidos aos nen@s de Primaria.
Os contos premiados corresponden aos seguintes alumn@s:
2ºA ......... Nerea González
2ºB ........ José Ángel Pérez
3º ........ Bryan Moreno
4ºA ...... Rubén Lorenzo
4ºB ....... Estefan Domínguez
5º ........ María Salgado
6ºA ....... Alejandro Gándara
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 2
- 3
- 4
- 5
- 6
- 7
- 8
- 9
- 10
- seguinte ›
- última »