Dinamización Lingüística
Entroido 2015
Dende o centro convidamos ás familias de todo o alumnado ao gran desfile de entroido que imos levar a cabo.
A temática é o marabilloso mundo do circo.
Día escolar da paz e da non violencia
O venres 30 de xaneiro celebramos no noso centro o día da paz.
Os mestres/as e o alumnado reunímonos para ver a representación da poesía "La paloma Maripaz" e cantarmos xuntos a canción "O progreso" de Roberto Carlos.
Pepón, a mascota da biblioteca, levaba xa un par de semanas recomendando lecturas sobre o tema e as paredes do colexio estaban cheas de poesías, mandalas e murais da paz.
Festival de Nadal
O xoves 18 de decembro celebramos o festival de nadal coas actuacións da rondalla, o grupo de pandeiretas e o grupo de teatro.
Así quedou:
CONCURSO DE TARXETAS DE NADAL
Outro curso máis o EDL convocou o concurso de tarxetas de nadal.
Estas foron as bases:
As tarxetas gañadoras de ciclo foron enviadas como felicitación ás familias.
GUÍA DE LECTURAS RECOMENDADAS
O Equipo de Biblioteca, en colaboración co EDL, elaborou a nova Guía de Lecturas recomendadas para o Nadal.
Cabe sinalar que o 75% dos libros elixidos están en lingua galega.
As guías repartíronse entre todo o alumnado e profesorado do centro.
CARAPORQUIÑA VERMELLA
O martes 16 de decembro visitounos Xan, un titiriteiro, para facernos rir un pouco coa obra Caraporquiña Vermella.
Hai que dicir que a obra creouna el baseándose no conto clásico Carapuchiña Vermella , só que neste caso, aínda que hai lobo, a protagonista é unha porquiña. Tamén os monicreques os elaborou el mesmo.
Aquí vos deixo unha mostra da actuación:
Celebración do magosto
O día 11 de novembro celebramos o magosto no colexio.
Tivemos unha merendola no ximnasio composta de pan tostado, mel, froitos secos, marmelo e, por suposto, castañas.
Tamén participamos nunha sesión de xogos populares, organizada polos mestres de educación física e coa colaboración de todos os mestres do colexio.
O Samaín
Os días 29 e 30 de outubro celebramos no colexio o Samaín.
O corredor principal e a biblioteca decorámola con figuras referidas ás meigas e ao mundo dos meigallos e pócimas.
Na biblioteca fixemos unha exposición con libros de medo e misterio. Os nenos e nenas de infantil e 1º ciclo viron unha curta titulada Fiz, o coleccionista de medos e o alumnado de 2º e 3º ciclos de primaria escoitaron contos de medo que escribiron algúns dos seus compañeiros: O misterio da mansión, As tres bruxas, O vampiro, O campamento sanguento.
Día das Bibliotecas Escolares
Co conto O Claro do bosque inauguramos este curso a posta en marcha da nosa biblioteca.
Dous alumnos de 6º curso foron os encargados de ler o conto a través do kamishibai (teatrillo de orixe xaponés). As ilustracións fíxoas o mestre de plástica de extraescolares.
Tamén puxemos en marcha as mochilas viaxeiras.
Día das Letras Galegas
O venres 16 de maio celebramos no colexio o Día das letras galegas coas seguintes actividades:
Decoración do taboleiro da entrada cun mural sobre a vida do autor homenaxeado: Xosé Mª Díaz Castro.
Presentación do libro, escrito e ilustrado polos nenos e nenas de 3º ciclo de Primaria, O misterio das lendas.
Actuación do grupo de teatro coa obra O feitizo, da rondalla e do grupo de gaitas e pandeiretas do colexio.
Día do libro
Para conmemorar o Día do libro levamos a cabo unha actividade colaborativa, xa instaurada no centro, chamada "Apadriña un lector" e que consiste na lectura dun conto por parte do alumnado de 2º e 3º ciclo de Primaria aos nenos e nenas de Infantil e 1º ciclo.
Tamén puxemos en marcha o 1º Mercado de libros usados. Nesta actividade participaron os nenos/as de Primaria e consistiu nun intercambio de libros. De xeito voluntario trouxeron algún libro que xa leran, déuselle un vale e logo cambiaron ese vale por outro libro.
Entroido 2014
O venres 28 de febreiro celebramos o entroido no Curros cun desfile ao que estiveron invitadas todas as familias do alumnado.
Este ano fixemos un desfile temático adicado ás catro estacións do ano: inverno (infantil), primavera (1º ciclo de primaria), outono (2º ciclo) e verán (3º ciclo). Así puidemos ver bonecos de neve, xardineiros e flores, follas, latas de refresco e xeados de cucurucho.
XOGOS POPULARES
O alumnado de 6º curso de Primaria participou durante 3 sesións nun obradoiros de xogos tradicionais impartido por un monitor do Centro Cultural de Xogos Populares "Xaquín Lorenzo".
Xornada de animación á lectura
O día 7 de febreiro visitounos Iago López para compartir con todos/as nós unha divertida xornada de animación á lectura.
Cos maiores fixo diferentes xogos e os máis pequenos gozaron e participaron cos contos de "Martiño" e "O home do saco".
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 2
- 3
- 4
- 5
- 6
- 7
- 8
- 9
- 10
- seguinte ›
- última »