Dinamización Lingüística

ACTIVIDADES DE NADAL

Para celebrar o Nadal levamos a cabo diversas actividades moi lúdicas para os nenos e nenas do colexio nas que tamén eles/as participaron activamente: obra de teatro "Espantallo amigo" de Neira Vilas, adaptada polo grupo Os Quinquilláns, obra de teatro do grupo do colexio, actuación da rondalla, do grupo de pandeiretas e da little band e entrega de agasallos aos gañadores do concurso de tarxetas de nadal.

EXPOSICIÓN DAS TARXETAS NADAL

Deseguido veredes a exposición das tarxetas que participaron no concurso de nadal.

   

Bases concurso tarxetas de nadal

Aquí quedan as bases para o concurso de tarxetas de nadal:

DÍA CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO

Porque NON QUEREMOS VIOLENCIA DE XÉNERO,  desde o Curros intentamos que os máis pequenos tomen conciencia de que homes e mulleres somos todos iguais.

O libro escollido foi: 
O libro dos Porcos de Anthony Browne  (Ed. Kalandraka)

Os alumnos/as maiores do centro fóronlles co conto ao resto do colexio e invitáronos a pensar quen é a persoa da súa casa que traballa máis, se eles fan algo para axudar un chisco...

Os/as  mestres/as traballaron logo con eles o tema nas aulas.

FESTA DO MAGOSTO

O mércores 11 de novembro celebramos no Curros a festa do magosto.

Houbo unha degustación de froitos de outono, froitos secos, marmelos... e, por suposto, castañas.

Tamén se organizou unha sesión de xogos populares para Infantil e Primaria adaptándoos as idades dos nenos e nenas( o tirasoga, o tres en raia, a carreira de sacos, os bólos,...)

 

SAMAÍN 2015

Os días 28 e 29 de outubro celebrouse a  festa de Halloween-Samaín cunha gran exposición de manualidades na entrada do colexio, partindo dun rolo de papel hixiénico.

Ademais houbo:

DÍA DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES

Para conmemorar o Día Internacional das Bibliotecas Escolares, do 19 ao 27 de outubro leváronse a cabo unha serie de  actividades na que os nenos e nenas de primaria exploraron as seccións da nosa biblio, seguiron as pistas que lles deixou Pepón (a nosa mascota), traballaron en equipo, colleron o seu primeiro libro e algún ou algunha levou a mochila viaxeira.

XAN E A PEDRA MÁXICA

Pulsa na foto para ver a marabillosa función de títeres elaborada e representada por alumnos do colexio.

DÍA DO LIBRO

O 23 de abril celebramos o Día do libro.

Previamente elaboramos un libro de poesía titulado "Plantando versos" co que decoramos o corredor de acceso á Biblioteca e agasallamos aos nenos e nenas cun libro que eles mesmos escolleron.

 

Realizamos tamén a actividade "Apadriña un lector" na que os/as maiores lle len un conto aos máis pequenos/as.

Animación á lectura

Comezamos a semana cunha sesión de animación á lectura para o primeiro ciclo de Primaria, actividade enmarcada dentro da celebración do Día Mundial do Libro.

Paco Nogueiras, da editorial Kalandraka, foi o encargado de afeccionar aos nosos nenos e nenas a lectura.

As historias que contou foron estas:

  

Día Mundial da Poesía

Para conmemorar o Día Mundial da Poesía levamos a cabo as seguintes actividades:

  • Lectura dos seguintes poemas por megafonía: O meu burriño de Manuel Murguía, María Soliña de Celso Emilio Ferreiro, A Rosalía de Curros Enríquez e Cantigas in modo antico de Figueira Valverde.
  • Creación dun libro coa participación de todo o centro co nome Plantando versos.

 

     

RECITAL DE CONTOS CANTADOS

O venres 27 de marzo os nenos e nenas de Educación Infantil asistiron a un recital de contos  cantados no salón de actos do colexio.

Os pequerrechos/as  gozaron cantando e bailando os contos tradicionais da nosa cultura: os tres porquiños, o gato con botas,...

 

Animación á lectura

O luns, 9 de marzo, os nenos e nenas de 6º de Educación Infantil participaron nunha sesión de animación á lectura en galego, por cortesía da editorial

Vicens-Vives.

Os contos traballados foron: O pequeno amigo do Tiranosaurus Rex e Un bicho raro.

  

Entroido 2015

O venres, 13 de febreiro, celebramos a festa do entroido no colexio cun gran desfile ao que estiveron invitadas as familias de todo o alumnado.

O polideportivo do centro converteuse nun gran circo polo que foron pasando pallasos, mimos, trapecistas, equilibristas, homes forzudos, mulleres barbudas, domadores e feras. E todo isto estivo amenizado pola banda do circo e as súas majorettes.

  

Distribuir contido