Dinamización Lingüística
Bibliotecas Escolares
O día 24 de outubro celebramos o día das Bibliotecas Escolares poñendo en marcha as mochilas viaxeiras, onde os nenos e nenas do colexio levan material de diverso tipo:poesía, narrativa, revistas, puzles, tangran, c.d., cómic...
As novidades deste ano foron a escoita do noso primeiro programa de radio, gravado no Laboratorio de radio realizado polo alumnado no mes de xuño e que aínda non fora escoitado, e a estrea da nova actividade da biblio "Booktubers do Curros" coas primeiras recomendacións lectoras.
COMMUNICATIVE SITUATIONS
Enviado por admin o Lun, 06/11/2018 - 09:55Semana da Poesía
Os voluntarios lectores da biblio contaron a todo o alumnado a vida de Rosalía. Ademais tamén se gravaron poemas .
Participou nesta actividade o alumnado de infantil e primaria.
2018: Ano europeo do patrimonio cultural
Dende a Biblioteca lanzamos un concurso de búsqueda de respostas a interrogantes relacionados con Europa, aproveitando que este 2018 é o ano do Patrimonio Cultural Europeo.
O concurso "Busca a resposta" foi voluntario e nel participaron 37 nenos e nenas de 3º a 6º de Primaria.
Cada mércores colgábanse as preguntas e acertantes da semana anterior. Tivo unha duración de 6 semanas e as preguntas formuladas sobre Europa foron 13.
SEMANA DA POESÍA
Para celebrar a semana da poesía os/as nenos/as de 4º de EP agasallaron ao resto do alumnado cuns versos de Curros Enríquez e de Celso Emilio Ferreiro, poetas que foron desta vila.
ENTROIDO CINEMATOGRÁFICO
Este ano decidiuse que o entroido do Curros lle fixese unha homenaxe ao cine. Así os distintos cursos de Infantil e Primaria deixaron voar a súa imaxinación e puxéronse mans á obra:
Infantil: 101 dálmatas.
1ºEP: Trolls
2ºEP:Os mosqueteiros
3ºEP: Star wars
4ºEP:A noiva cadáver
5ºEP:Pipi mediaslongas, Harry Potter
6ºEP:O señor dos aneis
CONMEMORAMOS O DÍA DA PAZ
Durante estes días tanto os/as usuarios/as da biblioteca coma as titoras/es tiveron á súa disposición lecturas recomendadas.
Na entrada do colexio estivo a exposición de fotos :"Un 30 de xaneiro para todos e todas" e a representación do poema "Mar soñado" de J.C. Martín Ramos que contextualiza á perfección o tema a tratar. O alumnado de 5º e 6º púxolle título ás diferentes láminas fotográficas.
Os futuros voluntarios/as de biblio de 4º acompañados por dúas voluntarias de 6º explicaron por megafonía a exposición de fotos e que se celebra o 30 de xaneiro e por que.
Desde o blog de biblio colgáronse enlaces para traballar nas aulas.
ACTIVIDADES DE NADAL
Para conmemorar a chegada do Nadal no colexio levamos a cabo diferentes actividades de grupo:
- Exposición de tarxetas de Nadal e agasallos.
- Actuacións:
Little band
Grupo de panxoliñas
Teatro
25 novembro: Educando pola igualdade
Desta vez, a actividade SOMOS CONTACONTOS xirou en torno á data do 25 de novembro.
O alumnado voluntario de 6ºB preparou a dramatización do conto de Adelan Turín: Rosa caramelo.
Na biblioteca ou no salón de actos tódolos nenos e nenas escoitaron o conto con moita atención e quedoulles claro que non hai cores de nenos e cores de nenas, as cores son de todos.
O vídeo está colgado no noso canal de Youtube.
ASÍ FOI O MES DA CIENCIA EN GALEGO
Na biblioteca do Curros co gallo do mes da ciencia realizáronse as seguintes actividades:
SOMOS CONTACONTOS
Fai xa algúns días deu comezo a actividade "Somos contacontos".
Como xa sabedes, o alumnado voluntario da biblio prepara unhas dramatizacións de fermosos contos.
Este curso empezamos con "Corre corre, cabaciña".
Ademais de escoitala en inglés por Ellen, a nosa auxiliar de conversa, os nenos e nenas de 6ºA que se anotaron ao voluntariado de lectura prepararon a historia para todo infantil.
SOMOS CONTACONTOS
Xa comezamos coa actividade "Somos contacontos", na que os/as voluntarios/as da nosa Biblioteca preparan unha lectura dramatizada para un grupo de nenos/as.
Neste caso foron alumnos/as de 6º A os/as que prepararon o conto "Corre, corre Cabaciña" para o alumnado de Educación Infantil.
MAGOSTO 2017
O venres 10 de novembro celebramos a festa do magosto coas seguintes actividades:
- Degustación de froitos de outono (castañas, noces, avelás, marmelos, mel...).
MES DA CIENCIA EN GALEGO
Dende o 2014, a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria vén propoñendo a celebración do mes de novembro como Mes da Ciencia en Galego nas Bibliotecas, tamén nas bibliotecas escolares.
A matemática Peregrina Quintela Estévez, Premio "María Josefa Wonenburger Planells" 2016, foi a encargada de escribir o manifesto deste ano 2017.
- « primeira
- ‹ anterior
- 1
- 2
- 3
- 4
- 5
- 6
- 7
- 8
- 9
- seguinte ›
- última »