Dinamización Lingüística

VIDEOCONFERENCIA

O venres, 4 de novembro os nenos e nenas de 5º e 6º de Primaria asistiron a unha videoconferencia sobre as II XORNADAS DA CIENCIA EN GALEGO.


A conferencia titulada Sabes porque o 2011 é o ano dos bosques? foi impartida Mª Isabel Fraga Vila, profesora de  Botánica da Universidade de Santiago de Compostela.


Participaron á vez 100 centros de toda Galicia podendo facer preguntas on line.


 

CELEBRACIÓN DO SAMAÍN

Para conmemorar a festa do Samaín fixemos unha exposición de cabazas decoradas. Algunhas delas servíronnos de ambientación no camiño á Biblioteca onde fixemos varias actividades para o alumnado do centro. 


Cos nenos e nenas de Infantil 4 e 5 anos,1º e 2º fixemos o Xogo da Bruxa.


O alumnado de 2º e 3º ciclo de Primaria víu un vídeo  que  explicaba  a orixe desta festa.  


Tamén puido ver todo o alumnado  a exposición de libros de medo que se fixo na Biblioteca.


http://canistrel.blogspot.com/2011/10/samain-2011.html 

DÍA DAS LETRAS GALEGAS

Pulsando nas imaxes poderás ver ós premiados no certame de poesía e  tamén a obra de teatro "O Arco da Vella"


                   

PRESENTACIÓN DO LIBRO "CRIATURAS"

O VINDEIRO VENRES, DÍA 27 DE MAIO, ÁS 12:00 h NO AUDITORIO DE CELANOVA, PRESENTAMOS ESTE LIBRO ESCRITO E ILUSTRADO POLOS ALUMNOS DE 6º CURSO DO COLEXIO


ESTADES TODOS INVITADOS


HABERÁ MOITAS SORPRESAS

XORNADA CONVIVENCIA

Hoxe, día 11 de maio, o alumnado de 6º curso participa nunha xornada de convivencia que organiza a Fundación Curros Enríquez.


A mañá centrarase no coñecemento da vila de Celanova e da figura de Manuel Curros Enríquez coas seguintes actividades:
- Visita da Casa dos Poetas.
- Recepción dos catro centros participantes no Auditorio Municipal de Celanova.
- Visita da Casa dos Poetas e ao Mosteiro de San Rosendo.
- Saída a pé cara o Cristal cos outros centros.
- Xantar campestre de confraternización no Cristal, zona arredor da capela da Virxe.


A tarde estará dedicada ao coñecemento da poesía de Manuel Curros Enríquez e dos arredores de Celanova, as actividades serán as seguintes:
- Actividade con títeres centrada no poema "A Virxe do Cristal" de Manuel Curros Enríquez da man da compañía "Teatro Viravolta", na que se poderá coñecer a imaxe da virxe en persoa no mesmo lugar onde foi atopada.

ENTROIDO 2011

¡ Por fin chegou o entroido! Aquí no cole celebrámolo cun gran desfile.


Para crear ambiente colocamos na entrada do colexio a MECA "FADA MADRIÑA", a cal nos concedería un desexo se lle metiamos no peto 20 céntimos.


                 


A temática do desfile foi a dos contos infantís. En  Infantil os contos elixidos foron 101 dálmatas, Alicia no país das marabillas e Bob Esponxa. En Primaria elixiron  Os Mosqueteiros, Mickey e Minnie, Os Picapedra, O frautista de Hamelin e os  Faraóns.


Todo o festexo estivo amenizado pola Bruxa Aburrida e as tres Xemelgas. Estas últimas, por mandato da bruxa, ían percorrendo todos os contos e desfilando cos seus personaxes.

CONCURSO CONTOS DE NADAL

No seguinte enlace podedes ver os premiados no concurso dos  contos de nadal. Noraboa a todos/as e seguide participando. 


http://canistrel.blogspot.com/2011/01/premiados-no-concurso-contos-de-nadal.html

CONCURSO POSTAIS DE NADAL

Un ano máis celebramos o concurso de postais de nadal cunha gran participación por parte de todo o alumnado. Aquí vos deixamos a mostra e os premiados.


http://canistrel.blogspot.com/2011/01/premios-concurso-tarxetas-nadal.html

CELEBRACIÓN DO MAGOSTO

O xoves, 11 de novembro, celebramos o magosto cunha morea de actividades.

Boa parte da mañá adicámola a unha sesión de xogos populares, actividade organizada polos mestres de ed. física, polo que tivemos que dividir o patio en dúas zonas: unha para infantil e 1º e outra para o resto de primaria. En cada zona había unha serie de xogos e por grupos ían pasando por todos eles.

              

Pola tarde, ademais de comer castañas,  fixéronse máis actividades.

O alumnado de infantil participou nunha degustación de froitos de outono. Previamente xa fixeran unha exposición con todos eles. O alumnado de primaria recitou unhas poesías e cantou a canción da castaña Curriña.

DÍA DO SAMAÍN

O venres 29 de outubro celebramos a festa do Samaín.

O colexio encheuse de cabazas decoradas e na biblioteca fixemos unha exposición de libros de medo e de receitas monstruosas.

O ENL agradece enormemente a vosa colaboración.

 

Se queredes ver as fotos da exposición ide a este enlace:

http://canistrel.blogspot.com/2010/11/presentacion-receitas-monstruosas.html 

MES DOS LIBROS

Un ano máis levouse a cabo o "Apadriña un lector" no que o alumnado de 3º, 4º, 5º e 6º lles leu contos aos de infantil, 1º e 2º curso.

 

Eli Ríos estivo no colexio falándonos de María Victoria Moreno, léndonos historias  e animándonos a escribir as nosas propias aventuras.

KAMISHIBAI "A CEBRA CAMILA"

Un grupo de 8 alumnos representaron co teatro Kamishibai o conto "A cebra Camila".Previamente o  Equipo de Biblioteca traballou na elaboración das láminas e texto e no ensaio do conto cos/as nenos/as. Tamén colaborou o profe de plástica de extraescolares construindo unha cebra xigante de madeira.

Preme aquí para velo

Distribuir contido