MES DOS LIBROS
Un ano máis levouse a cabo o "Apadriña un lector" no que o alumnado de 3º, 4º, 5º e 6º lles leu contos aos de infantil, 1º e 2º curso.
Eli Ríos estivo no colexio falándonos de María Victoria Moreno, léndonos historias e animándonos a escribir as nosas propias aventuras.
Como as mamás contan moito, os nenos de infantil, 1º e 2º tiveron a tremenda sorte de escoitar fermosos historias agasalladas polas valentes supermamás: Eva, Rosa, Sandra, Rebeca, Ana e Mónica.
Aproveitando que no cole temos mestres/as escritores/as, algúns nenos e nenas prepararon unhas entrevistas moi especiais para eles.