UXÍO NOVONEYRA

O POETA DO COUREL

Pulsa na imaxe para ver unha presentación multimedia sobre o escritor elexido este ano no Día das Letras Galegas e no título para que os alumnos che espliquen o PROXECTO UXÍO e a VIDA DE UXÍO NOVONEYRA

 Este ano, para celebrar o día das letras galegas, fixemos distintas actividades:

-Un macroproxecto  a nivel de centro sobre o contexto literario, xeográfico, e social do autor e sobre a súa poesía, que expusemos á entrada do centro na semana anterior á celebración do Día das Letras Galegas.

 

 -  IV Certame literario de poesía: convocamos un concurso de poesíapara primaria.Seleccionamos unha poesía por cada clase, e o/a  neno/a gañador recibiu como agasallo un libro de poesía.

 - Acto de celebración do Día das Letras Galegas:o venres 14 de maio celebramos a nivel de centro un acto no que presentamos todo o traballo realizado sobre Uxío, recitaronse as poesías gañadoras, e se interpretaron cancións compostas coa letra de dúas poesías de Uxío Novoneyra, e música do profesor de música.