CELEBRACIÓN DO MAGOSTO
O xoves, 11 de novembro, celebramos o magosto cunha morea de actividades.
Boa parte da mañá adicámola a unha sesión de xogos populares, actividade organizada polos mestres de ed. física, polo que tivemos que dividir o patio en dúas zonas: unha para infantil e 1º e outra para o resto de primaria. En cada zona había unha serie de xogos e por grupos ían pasando por todos eles.
Pola tarde, ademais de comer castañas, fixéronse máis actividades.
O alumnado de infantil participou nunha degustación de froitos de outono. Previamente xa fixeran unha exposición con todos eles. O alumnado de primaria recitou unhas poesías e cantou a canción da castaña Curriña.