ASÍ FOI O MES DA CIENCIA EN GALEGO
Na biblioteca do Curros co gallo do mes da ciencia realizáronse as seguintes actividades:
- O alumnado de sexto curso realizou un obradoiro sobre o microscopio.
- Traballo voluntario de investigación sobre 12 mulleres científicas galegas de 3º a 6º.
- Por último, o alumnado voluntario da biblioteca asumiu o rol de científico e preparou uns experimentos de fisica e química para o alumnado de infantil de 5 anos, 1º e 2º de primaria. Sen dúbida algunha esta actividade foi a que máis éxito tivo pois tanto os científicos/as como o público estiveron motivados e aprenderon moito.