CONTO VIAXEIRO
No mes de xaneiro aventurámonos na elaboración do conto viaxeiro, protagonizado pola mascota da biblioteca do centro, o dragón Pepón.
Cada semana, Pepón viaxará con este conto polas distintas aulas, empezando por infantil 3 anos e rematando en 6º de primaria. Os nenos e nenas inventarán a súa historia.
Aquí tedes a mostra das primeiras viaxes.
A aventura comezou na aula dos máis pequenos(3 anos). ¡Menudos artistas!
Os nenos e nenas da aula de 4 anos A reciben o conto. ¡ Que ilusión!
Agora son os nenos/as da aula de 4 anos B os/as que continuarán a historia. ¿Que nos contarán?
Turno para a clase de 5 anos A. ¡Mans á obra!
Xa estamos con infantil 5 anos B. ¿Como continuarán?
Pepón chegou a Primaria.
Os "Tigres" cóntanlles o conto @s nen@s de 1ºA.
Os nen@s de 1º A entregando o conto ós seus compañeiros de 1º B.
O conto de Pepón en 2º A, para que estes nen@s sigan a emocionante aventura.
A historia de Pepón estase pondo moi interesante.Despois de estar na cidade volta ao bosque.¿Que lle pasará?....
A clase de 2º B toma o relevo.
Os/as nen@s de 3º seguirán contando as aventuras da mascota Pepón.
Pepón queda unha semana na clase de 4ºA
As dúas clases de 4º facendo a entrega do conto e máis da mascota.
Pouco lle queda xa a Pepón para ver finalizado o seu conto.Xa está en 5º