A FESTA DO MAGOSTO

O día 11 de novembro celebramos a festa do Magosto con distintas actividades.

Pola maña os alumnos/as e mestres participamos nunha sesión de xogos populares organizados polos mestresde E. Física.     Distribuimos dúas zonas de xogos, unha para os nenos/as de E. Infantil e 1º de Primaria e outra para o resto de Primaria. Cada mestre encargouse dun xogo, polo que iban pasando os nenos/as en grupos de trece aproximadamente. Todos os nenos/as pasaron por todos os xogos, nove en total:billarda, chave, tirasoga, birlos, carreira de sacos,zancos,...

Pola tarde, no patio expusemos as castañas tuneadas polos alumnos/as e cantamos a canción da castaña Curriña, con ela de protagonista.Para finalizar a xornada, celebramos o propio magosto facendo unha fogueira e comendo castañas. Por suposto non faltou a música e o baile.

Pasamos un día fenomenal!.

A CASTAÑA CURRIÑA

Foi unha das que mellor o pasou na festa do magosto; pero os nenos e nenas tamén disfrutaron moito.

CASTAÑATUNNING SHOW

Pulsa na foto de Curriña para ver as fotos.