DIA DA PAZ

O venres 29 de xaneiro todos/as os/as nenos/as do colexio e mestres participamos nun acto colectivo no que  interpretamos unha canción, adaptación do tema de Michael Jackson "Heal the world" .Esta actuación realizámola  no ximnasio do centro.

Aquí vos queda a mostra da letra da canción:

                        "A PAZ"

Debe haber un lugar dentro do teu corazón

Onde a paz brilla máis que unha lembranza

Sen a luz que ela dá xa non conseguimos máis

Atopar o camiño da esperanza.

Sinto, chega o tempo de enxugar o pranto dos homes

Estendendo as mans e facendo irmáns.

 

Só o amor, cambia o que xa pasou

E a forza da paz xunta a todos outra vez

Veña, xa é hora de acender a chama da vida

E facer a terra enteira feliz.

 

Se vostede é capaz de soltar a súa voz

Polo ar, como pregaria dun neno

E entón comezar outros vante acompañar

E cantar con harmonía e esperanza

Deixa que ese canto     lave o pranto do mundo

Pra traer perdón e compartir o pan.

 

Só o amor, cambia o que xa pasou

E a forza da paz xunta a todos outra vez

Veña, xa é hora de acender a chama da vida

E facer a terra enteira feliz.

 

Se vostede é capaz de soltar a súa voz

Polo ar, como pregaria dun neno

E entón comezar outros vante acompañar

E cantar con harmonía e esperanza

Deixa que ese canto     lave o pranto do mundo

Pra traer perdón e compartir o pan.

 

Só o amor, cambia o que xa pasou

E a forza da paz xunta a todos outra vez

Veña, xa é hora de acender a chama da vida

E facer a terra enteira feliz.

                         ( tres veces)

Veña, xa é hora de acender a chama da vida

E facer a terra enteira feliz. (bis)

 Mural colectivo

Durante a semana do "Día da Paz" elaboramos un mural de corazóns con mensaxes de paz entre todos os alumnos/as do centro.

Así quedou: