Novas do Colexio

Novas de interese do Colexio

O C.E.I.P. NOSA SEÑORA DOS REMEDIOS SELECCIONADO PARA APLICAR UN PROXECTO DE NOVAS TECNOLOXÍAS

O C.E.I.P. Nosa Señora dos Remedios ven de ser seleccionado como un dos dez centros educativos de Galicia de ensino non universitario nos que se vai aplicar un Proxecto para o uso educativo das Tecnoloxías da Información e da Comunicación, elaborado e presentado polo noso Colexio diante da convocatoria da Consellería de Educación e O.U.

A selección deste proxecto fai que o noso colexio dea un paso de xigante no uso das novas tecnoloxías situándose na vangarda do ensino galego.

Pouco a pouco iremos falando deste importantísimo proxecto. 

No ficheiro adxunto está o proxecto seleccionado. 

 

GRATUIDADE DOS LIBROS DE TEXTO

 

INSTRUCIÓNS SOBRE OS IMPRESOS DE GRATUIDADE.

Alumnado de 1º, 2º, 3º e 4º E.Primaria.

  • 1) DEBERÁN ENTREGAR OS TRES IMPRESOS XUNTO CO CHEQUE NA LIBRARÍA QUE DESEXEN ANTES DO 10 DE XULLO.
  • 2) LEMBREN CUBRIR O RECADRO DOS TRES IMPRESOS ONDE APARECE ESCRITO "DECLARACIÓN DO PAI/NAI TITOR" ANTES DE LEVALOS Á LIBRARÍA.
  • 3) NA PROPIA LIBRARÍA DECIDIREDES SI PREFERIDES QUE VOS TRAIAN OS LIBROS AO COLEXIO O SI PREFERIDES RECOLLELOS VOS MESMOS/AS NO MES DE SETEMBRO. HAI UN CADRO PARA MARCALO.
  • 4) O LIBREIRO/A LLES DARÁ UNHA COPIA SELADA DO IMPRESO QUE DEBERÁN CONSERVAR COMO XUSTIFICANTE DA RESERVA.
  • 5) XUNTO CO CHEQUE HAI UN DÍPTICO QUE CONTÉN INFORMACIÓN PARA O USO DO CHEQUE. NON É NECESARIO ENTREGALO NA LIBRARÍA.

Máis cuestións sobre os libros de texto.

 NOS CURSOS DE 3º E 4º ADEMÁIS DOS IMPRESOS DE GRATUIDADE DEBERÁN MERCAR 2 CADERNOS DE ACTIVIDADES QUE ESTÁN FÓRA DA GRATUIDADE.

Alumnado de 3º. 

-Música 3. Proxecto Século XXI.Editorial Galinova.

-Bugs 3. Activity Book. Editorial Macmillan.

 Alumnado de 4º.

-Música 4. Proxecto Século XXI.Editorial Galinova.

-Bugs 4. Activity Book. Editorial Macmillan.

Alumnado de 5º e 6º.

OS ALUMNOS DE 5º E 6º RECIBIRÁN OS LOTES DE LIBROS CANDO SE INCORPOREN Á ESCOLA NO MES DE SETEMBRO.

UNICAMENTE DEBERÁN MERCAR OS SEGUINTES CADERNOS:

Quinto Curso:

-Música 5. Proxecto Século XXI.Editorial Galinova.

-Bugs 5. Activity Book. Editorial Macmillan.

Sexto curso:

-Música 6. Proxecto Século XXI.Editorial Galinova.

-Bugs 6. Activity Book. Editorial Macmillan

O ESCRITOR FERNANDO IGLESIAS ESTIVO NO NOSO COLEXIO

O escritor Fernando Iglesias estivo no noso colexio este mércores 21 de maio dando unha charla que resultou moi interesante para o noso alumnado do 3º ciclo de E. Primaria. A atención extraordinaria prestada polos alumnos e alumnas son unha mostra clara do que gustou esta actividade. Persoas así animan a que os nenos e nenas de hoxe poidan amar á literatura e poidan converterse en escritores/as no día de mañá.

INTERCAMBIO CON ALUMNADO DO ESTRANXEIRO

No ficheiro adxunto aparece outra presentación elaborada por alumnado de 6º, coa coordinación da súa titora, sobre Ponteareas, que se enmarca dentro do intercambio con alumnado do estranxeiro.

INTERCAMBIOS CON ALUMNADO DE OUTROS PAÍSES

No arquivo adxunto vai en dúas partes unha presentación en powerpoint feita polo alumnado de 6º C, baixo a coordinación da súa titora, que está intercambiando información con alumnado do estranxeiro. 

EXPOSICIÓN DE INSTRUMENTOS MUSICAIS

Instrumentos dun dos niveis de Primaria

Nestes días estase montando unha destacada exposición de instrumentos musicais feitos polo alumnado, baixo a coordinación da mestra de Música.

Podes ver imaxes desta actividade na Galería de imaxes desta web.

ÉXITO DAS XORNADAS DE PORTAS ABERTAS

De grande éxito podemos calificar as Primeiras Xornadas de portas abertas celebradas os días 11, 12 e 13 de marzo no C.E.I.P. "Nosa Señora dos Remedios" para dar a coñecer o noso cole ás familias que teñen que solicitar a admisión nos colexios de Infantil e Primaria para os seus fillos/as para o curso 2008-09.

A asistencia de familias foi importante e houbo intercambios de opinións verdadeiramente interesantes. Para o vindeiro curso perfeccionaremos esta actividade para que resulte aínda mellor.

ENTREGA DO 1º PREMIO DO CONCURSO "SOMOS DIFERENTES, SOMOS IGUAIS"

Este venres 29 de febreiro faise entrega no Salón de Plenos do Concello de Ponteareas dos premios do concurso "Somos diferentes, somos iguais" que organizou o Servizo de Información ao Inmigrante e ao Emigrante do Concello.

A clase de 1º A de E. Primaria acadou o primeiro premio neste concurso cun debuxo feito por todo o alumnado, baixo a coordinación da súa mestra titora.

 

Unha vez máis, ¡¡¡¡¡¡FELICITACIÓNS!!!!

Distribuir contido