Novas do Colexio
A COMPARSA DO COLEXIO 4ª CLASIFICADA NO ENTROIDO DE PONTEAREAS
A Comparsa do C.E.I.P. "Nosa Señora dos Remedios" acadou finalmente o 4º posto no concurso de Comparsas de Entroido de Ponteareas. A comparsa tivo moi boa acollida entre o público e quedou a poucos puntos dos tres primeiros clasificados.
Noutro artigo publicaremos un slide con fotos da comparsa.
De novo, felicitacións aos organizadores e participantes nesta comparsa.
TRES NOVOS PROGRAMAS DE RADIO FALADORA NA NOSA WEB
Se vas ao apartado de Radio Faladora, poderás escoitar os programas 14, 15 e 16 da nosa Radio Escolar.
RADIO FALADORA 14
Se pinchas no seguinte enlace poderás escoitar o programa número 14 de Radio Faladora, a nosa Radio Escolar:
RADIO FALADORA 16
Se pinchas no seguinte enlace podes escoitar o programa 16 de Radio Faladora, a nosa Radio Escolar:
RADIO FALADORA 15
Pinchando no seguinte enlace podes escoitar o programa nº 15 de Radio Faladora, a nosa radio escolar:
A COMPARSA DO COLEXIO ESTIVO XA EN VIGO E PONTEAREAS
Este pasado sábado 21 de febreiro a Comparsa Érase unha vez... do C.E.I.P. "Nosa Señora dos Remedios" participou no desfile de carrozas do Entroido de Vigo xunto con outras 26 comparsas máis, levando o nome do noso colexio a un evento de grande magnitude.
Gustaron moito as 2 carrozas da nosa Comparsa, feitas por pais e nais de alumnos/as. O tema elixido para o Entroido por parte desta comparsa foi o dos contos infantís.
Neste domingo 22 de febreiro, participou no Entroido de Ponteareas, xunto con outras 7 comparsas, desfilando con tres carrozas que representaban tres contos infantís: Peter Pan, A bela durminte e Brancaneves.
De momento aínda non sabemos a posición na que quedou a nosa comparsa en Ponteareas, pois os resultados daranse neste martes 24, día no que volverán a desfilar por Ponteareas.
Felicitamos dende aquí aos pais e nais que organizaron esta comparsa.
DESFILE DE ENTROIDO
DESFILE DE ENTROIDO POR PONTEAREAS
Hoxe, 20 de febreiro, dende primeira hora da mañá comezou a festa. Primeiro comprobamos que estaba todo en orden, logo comezar a transformarnos nos diferentes personaxes dos contos que representaban cada ciclo; máis tarde saímos ao patio para colocarnos en fila para o Desfile e a correspondente foto.
E comezou o percorrido polas rúas da vila ata a Praza, onde nos agardaban compañeiros doutros coles que xa foran chegando, colocámonos no lugar reservado, coma sempre o público non nos deixa pasar e hai que ir reclamando o noso lugar, pero todo se vai arranxando con boa vontade. E dá comezo o acto, saúdo do concelleiro de Cultura e paso as coplas e posterior queima do Meco, que se retrasou un chisco por mor do directo para a televisión de Galicia, porque , sabedes saímos en directo na tele, agardamos poder ver a repetición.
Logo houbo que facer o recorrido para o cole, que xa tiñamos ganas, máis polas ganas de repor enerxía que por outra cousa.
Repuxemos forzas, descansamos e rematamos.
E para que teñades unha mostra do guapos e guapas que íamos mirade a seguinte galería de fotos.
Moitas grazas a todos e todas polo traballo e colaboración entre toda a comunidade educativa.
13ª EXPOSICIÓN E DEGUSTACIÓN DE SOBREMESAS DE ENTROIDO
SOBREMESAS DE ENTROIDO
O mércores 18 de febreiro, coma todos os anos , celebrouse no colexio unha xornada de portas abertas para toda a comunidade educativa, levándose a cabo unha exposición e degustación de sobremesas de Entroido.
Dende 1ª hora da mañá os mestres e mestras que non tiñan que impartir as súas materias, coa axuda do conserxe e persoal da cociña, encargáronse de colocar murais,as mesas e baixar os doces feitos polas familias, para a exposición e posterios degustación.
Xa na terceira hora abríronse as portas e pais, nais e alumnos e alumnas acompañados dos seus mestres e mestras pasaron a ver e degustar tan exquisito banquete.
Na cuarta hora tocou como non recoller e voltar cada un ao seu traballo.
MOITAS FELICITACIÓNS!! a todos e todas polo traballo levado a cabo e a colaboración, algo imprescindible para que esta comunidade funcione axeitadamente.
A continuación poden ver unha mostra do acontecido.
RADIO FALADORA 13
Pinchando no seguinte enlace poderás escoitar o programa nº 13 de Radio Faladora, a nosa radio escolar.
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 24
- 25
- 26
- 27
- 28
- 29
- 30
- 31
- 32
- seguinte ›
- última »