Blogues

NOVEMBRO, MES DA CIENCIA: EXPOÑEMOS AS NOSAS INVESTIGACIÓNS CIENTÍFICAS SOBRE OS PLANETAS DO SISTEMA SOLAR

Para finalizar o proxecto sobre O UNIVERSO, o alumnado de 5º realizou un laborioso traballo de investigación, en equipos cooperativos, sobre OS PLANETAS DO SISTEMA SOLAR.

NORABOA NENOS/AS, FIXÉCHEDES UN MAGNÍFICO TRABALLO!!

Aquí vos deixamos unha mostra das súas exposicións.

 

 

NOVEMBRO, MES DA CIENCIA EN GALEGO

Co gallo do “Mes da Ciencia en Galego”, e como parte do proxecto anual do noso centro "Moito máis que xogo"o pasado 23 de novembro tivemos a gran sorte de contar coa presenza de Pedro Meira, exalumno do colexio e experto en creación de videoxogos.

A través dunha charla do máis amena e interesante, os rapaces e rapazas de 5º gozaron dunha xornada repleta de emocións. Aprenderon que o proceso de creación dun videoxogo consta de diferentes partes e nel participan gran cantidade de profesionais: os encargados do deseño, da parte da programación, da parte artística... Ademais, participaron coas súas ideas na creación dun posible videoxogo e déronse conta de que é un longo proceso e require de moitas horas de traballo.

GRAZAS PEDRO, POR ACHEGAR A TECNOLOXÍA E A CIENCIA AO NOSO COLE!!

SAMAÍN 2022

O último venres de Outubro celebramos no cole o SAMAÍN. Durante os días anteriores xa estiveramos traendo cabazas decoradas coa temática deste curso, o XOGO. Ademais, cada clase creou unha rima terrorífica. Algunhas daban bastante medo...

Para completar esta celebración, puidemos vir disfrazados dos personaxes terroríficos que quixeramos. Foi moi divertido!

 

RECOLLENDO DATOS NA CASETA METEOROLÓXICA!!

Neste mes de novembro, o alumnado de 5º foi o encargado da recollida e rexistro de datos meteorolóxicos na caseta do noso cole.

Como cada ano, somos moi responsables e estritos co rexistro, xa que os datos son utilizados por MeteoGalicia!!

NORABOA RAPACES, MOI BO TRABALLO!!

Aquí vos deixamos algunhas fotos.

 

 

 

 

 

FAI CLIC AO TEU BOCATA

O pasado día 22 de novembro, tivemos na escola un obradoiro chamado “FAI CLIC AO TEU BOCATA”.

Este obradoiro forma parte dun programa creado pola Consellería do Mar e ten un dobre obxectivo:  facilitar o coñecemento e consumo de produtos en conserva do mar de Galicia entre os nen@s da nosa Comunidade e  incidir e equilibrar as súas dietas alimentarias.

Aprendemos moitas cousas relacionadas cos animais mariños e descubrimos que podemos tomar bocatas saudables grazas ás conservas de peixes e mariscos. E a mellor forma de comprobalo foi degustando un apetitoso bocadillo de sardiñas, leituga e queixo.

RIQUÍÍÍÍÍÍÍSIMO!!!

CLUB MAR DE BUEU

O club de remo Mar de Bueu invitounos a visitar as súas instalacións e o venres 17 de novembro, aínda que chovía un chisco, collemos paraugas, chuvasqeiro e para aló fomos todos-as xuntos. Saímos andando por quendas, primeiro os de 5º de Primaria e logo os maiores do cole, os de 6º de Primaria.

 

 

Cando chegamos estábanos esperando Valente, Fátima e Iría que nos ensinaron todas as instalacións e como se podían empregar as distintas zonas e aparatos dos que dispoñían. Dividíronnos en tres grupos para ir rotando polos distintos espazos. 

 

Explicáronnos as partes fundamentais dun remo: pa, caña, tope e guión e o estrobo corda para agarralo ao tolete así como os distintos tipos de embarcacións según as categorías. Tamén onde fan os seus exercicios físicos e o foso onde practican en seco as distintas posicións e o manexo dos remos.

 

 

 

Gustounos moito coñecer algo máis deste deporte e disfrutar cos compañeiros-as dunha camiñada polo pobo preto do mar. Grazas Club Mar de Bueu.

 

OBRADOIRO DE CONSUMO RESPONSABLE

Acorde con PDI do cole, Moito máis que xogo, o alumnado de terceiro e cuarto, tivemos un obradoiro de consumo responsable.

Agora que chega o Nadal, todxs estamos desexando ter xogos novos. Neste obradoiro  aprendemos a fixarnos nas etiquetas. Hai unha moi importante que se refire á seguridade do xoguete.

 

Somos moitxs aos que nos gustan os videoxogos. Aquí cobran relevancia as peguis, porque informan da idade recomendada e tamén que tipo de linguaxe utilizan, se son violentos, se son discriminatorios … 

Tampouco podemos deixarnos enganar pola publicidade, que usa trucos para atraer a nosa atención, como pode ser o uso de cores.

Os xoguetes e as cores non teñen xénero.

 

 

Rematamos o obradoiro facendo unha actividade plástica na que puxemos algunha pegui, par non esquecelas.

 

O consumo responsable tamén  pasa por seleccionar o que queremos pedir. O consumismo indiscriminado está tendo consecuencias moi graves no cambio climático.  

 

DESCUBRINDO O BALONMÁN

 

O luns día 7 de novembro viunos visitar Diego, un exalumno do colexio, en representación do Club Balonmán Bueu e a través do programa Xogade. A súa proposta era darnos a coñecer un pouco máis este deporte e por iso ofreceuse a organizar un par de sesións para os nenos-as de 4º de Primaria durante catro semanas seguidas. Ensinounos como agarrar e botar correctamente a pelota, os tipos de lanzamentos e pases que hai e algunha que outra regra para movernos axeitadamente pola pista. A verdade é que aprendemos un montón de cousas.

 

 Foi un experiencia moi DIVERTIDA e resultou XENIAL. Grazas Diego volve cando queiras.

O MAGOSTO

 

Un ano máis  cando chega oSan Martiño trompos ó camiño contamos coa visita dalgún dos compoñentes  da asociación Corredoiras e as castañas asadas de Ramón.

 

 

Veñen para  ensinarnos o seu valioso TESOURO,  a recomplilación de xogos populares e tradicionais da nosa cultura e doutras, moitos dos cales xa xogaban os nosos pais-nais, avos-as… noutros tempos.

 

 

 

Algúns destes xogos xa non se constrúen e son moi difíciles de atopar, pero aínda nos seguen  entretendo e divertindo a todos-as.

Grazas Correidoras polo voso tempo e por facernos pasar unha mañá diferente e moi divertida. Esperámosvos  para o vindeiro ano.

 

 

VIVIMOS A PREHISTORIA

Ao principio de curso aproveitamos para facer un repaso da Prehistoria e tivemos a gran sorte de contar con dúas charlas de excepción e unha excursión a Campo Lameiro.

Na primeira charla, Ramón dounos unha explicación sobre “petroglifos”. Tamén nos contou como Martín e máis el reproduciron algúns deles no noso patio do colexio.

 Grazas Ramón por dedicarnos o teu tempo!

 Na segunda charla, contamos con Ángel Vieites Rúa, estudante de Historia pola Universidade de Vigo en Ourense e que foi alumno deste cole, para falarnos dos “estereotipos sobre a muller na Prehistoria”.

 Moitas grazas Ángel, continúa así e moito ánimo!

Para rematar, fixemos unha visita ao Parque Arqueolóxico de Arte Rupestre de Campo Lameiro onde aprendemos como rexistrar os petroglifos.


Distribuir contido