NOVEMBRO, MES DA CIENCIA EN GALEGO

Co gallo do “Mes da Ciencia en Galego”, e como parte do proxecto anual do noso centro "Moito máis que xogo"o pasado 23 de novembro tivemos a gran sorte de contar coa presenza de Pedro Meira, exalumno do colexio e experto en creación de videoxogos.

A través dunha charla do máis amena e interesante, os rapaces e rapazas de 5º gozaron dunha xornada repleta de emocións. Aprenderon que o proceso de creación dun videoxogo consta de diferentes partes e nel participan gran cantidade de profesionais: os encargados do deseño, da parte da programación, da parte artística... Ademais, participaron coas súas ideas na creación dun posible videoxogo e déronse conta de que é un longo proceso e require de moitas horas de traballo.

GRAZAS PEDRO, POR ACHEGAR A TECNOLOXÍA E A CIENCIA AO NOSO COLE!!