Saltar navegación

Planificación de varias salas de reunión simultáneas

Cando deseñamos unha sesión de aula virtual, ou reunión en xeral, pode resultar de grande utilidade dispoñer de varias salas de reunión nas que distribuír ao noso alumnado, de xeito que poidan traballar en pequenos subgrupos sen interactuar co resto dos seus compañeiros e compañeiras.

Para organizar estas salas basta planificar tantas sesións como salas desexemos ter. Nestas planificacións é importante ter en conta que:

  • Cada sesión debe ter un nome difrente ás restantes.
  • Todas as sesións teñen que estar planificadas para a mesma data e hora.

Unha vez rematada a planificación de todas as salas (sesións) podemos observar que cada unha dela ten unha ligazón web, un número de reunión, unha contrasinal etc. propias. Deste xeito podemos facilitar as ligazóns que desexemos a cada unha das nosas alumnas e alumnos de xeito individualizado.

Na seguinte imaxe podemos ver a planificación dunha sesión con tres salas: unha para o grupo en xeral e dúas máis nas que podemos dividir ao noso alumnado en dous grupos; e así, por exemplo, propoñerlle actividades diferentes:

Creado con eXeLearning (Ventana nueva)