Como se comentou con anterioridade, é posible conectarse á plataforma dende diferentes dispositvos, navegadores e aplicacións móbiles. En función de cal esteamos a usar o cliente que se instalará no dispositivo terá unha interface diferente.
Windows 10
En Windows 10, preferiblemente cos navegadores Chrome ou Firefox, conectarémonos a través dun cliente que o navegador instalará no equipo, e que comeza ao premer en Iniciar una reunión ou ao acceder directamente a dito cliente:
Linux
En Linux, cos navegadores Chrome ou Firefox (versión 67 ou superior).
MAC OS
En MAC OS, co navegador Safari, conectarémonos a través dun cliente que o navegador instalará no equipo, e que comeza ao premer en “Iniciar una reunión“ ou ao acceder directamente a dito cliente:
Dispositivos Android
En móbiles e tabletas con sistema operativo Android hai que instalar a app Webex Meet. Para unha información más detallada pode consultar esta ligazón.
Dispositivos IOS
En móbiles e tabletas con sistema operativo IOS hai que instalar a app Webex Meet. Para unha información más detallada pode consultar esta ligazón.