Saltar navegación

Consellos de visualización

Vexamos algúns consellos para facer máis efcientes as videoconferencias:

Comproba

Valora crear subgrupos ou silenciar audio e vídeo cando o alumnado non precise emitir, con esto poderemos mellorar a calidade da reunión. Estes servizos son moi sensibles á calidade das liñas e ao tráfico entre operadores.

Organízate

  • Vixía a iluminación da sala, o teu aspecto, accede dende o principio con auriculares e lembra que non precisas expoñerte constantemente.
  • Dependendo do equipo e do sistema operativo que estés a usar podes compartir escritorio e incluso cadernos onde facer apuntamentos.
  • Se vas a utilizar unha folla de papel busca rotuladores de grosor e soportes para a cámara.
  • Non compartas recursos multimedia dende a plataforma, facilita os recursos previos na aula virtual para que o alumnado non acuda en branco ás reunións.

3, 2, 1 ... Acción

  • Envía a convocatoria da reunión: data, hora, número de reunión e contrasinal a través de medios privados e seguros (a aula virtual, espazoAbalar, etc).
  • Valora a puntualidade.
  • Recomenda auriculares a todos os participantes sempre antes de acceder á sala.
  • Que non vexas a todos simultáneamente, non significa que non estean presentes; emprega a frecha na zona de xanelas para acceder a todas as imaxes.
  • Tenta que participen todos, con turnos de preguntas ao principio e ao final (neste tipo de docencia é fácil descolgarse).

Problemas?

  • Nos equipos E-Dixgal descarga o paquete de actualización do navegador (podes facelo desde aquí).
  • Se te escoitas dobremente con eco, pode ser porque un alumno ou alumna teña accedido á sala con dous dispositivos simultáneamente.
  • Se non atopas o correo de activación do servizo ou caducou, ponte en contacto coa Unidade de Atención a Centros: uac@edu.xunta.es.

Algunha dúbida?

Creado con eXeLearning (Ventana nueva)