O segundo botón máis á dereita serve, entre outras cousas, para facer enquisas ou exercicios en liña:
Premendo sobre o botón, e posteriormente sobre a opción de Enquisas (Poll), actívase o panel que permite facer enquisas ou exercicios en liña:
Non obstante primeiro debemos construír a actividade. Para iso contamos con 3 tipos de preguntas:
- Aquelas nas que o alumnado pode responder mediante texto escrito.
- Aquelas nas que o alumnado pode seleccionar unha entre múltiples respostas.
- Aquelas nas que o alumnado pode seleccionar varias entre múltiples respostas.
Para cada pregunta, é necesario premer sobre Nuevo na área de Preguntas, e escribir o texto na parte superior. Para aquelas preguntas nas que se teñan que incluír as respostas, é necesario premer en Añadir na área de Respostas, e escribir o texto na parte superior. Cando o exercicio estea construído, debemos premer no botón de Iniciar encuesta, como se pode ver na seguinte imaxe:
Unha vez finalizada a actividade polo alumnado poderemos visualizar os resultados: