Saltar navegación

Activación da conta en Cisco Webex

Todo o profesorado galego foi dado de alta na plataforma de videoconferencia Cisco Webex. Para activar o servizo, cómpre ir á  nosa conta de correo corporativa @edu.xunta.gal e abrir o correo de Cisco (De: cisco webex_com@webex.com) que nos foi enviado. Nel atoparemos o botón Activate, no que deberemos premer:

Unha vez premamos en Activate abrirarse de xeito automático a xanela para crear o contrasinal (que non ten por que coincidir co contrasinal do correo corporativo) co que se accederá á plataforma:

Unha vez feito isto, teremos que introducir de novo a conta de correo corporativa @edu.xunta.gal a onde nos chegou o correo de Cisco Webex:

Creado con eXeLearning (Ventana nueva)