Saltar navegación

Inicio dunha videoconferencia

Iniciar unha reunión

Dentro da plataforma a opción máis sinxela é usar a Sala persoal de cada usuario. Para facer isto prememos no botón Iniciar una reunión:

Unha vez premamamos neste botón comeza o vídeo, pero depende do sistema operativo, do navegador ou da app que esteamos a empregar os pasos a seguir de agora en adiante. De xeito xeral, tanto nos sistemas operativos Windows 10 e Linux e co uso dos navegadores Chrome (recomendado) ou Firefox (versión 67 ou superior) descárgase un cliente para a súa instalación no ordenador. De xeito análogo, instálase un cliente ao premer en Iniciar una reunión nos ordenadores con MAC OS usando o navegador Safari.

Unha vez aberto o cliente, naqueles sistemas operativos que o posúan, debemos facer a comprobación de son e vídeo antes de comezar a reunión:

Unha vez feita a comprobación, prememos en Iniciar sesión, co que accedemos á sala e xa estamos preparados para empregar o vídeo:

Creado con eXeLearning (Ventana nueva)