O terceiro botón dende a dereita serve para poder activar o Chat (conversa escrita) e falar cos asistentes á reunión mediante texto. Premendo sobre el obtense nun dos laterais da área de traballo o espazo do conversa. Se está en azul, dito panel co chat está habilitado:
As mensaxes da conversa poden transmitirse a todos os asistentes, ou a un en concreto. Para iso antes de remitir a mensaxe debe seleccionarse o asistente axeitado (como se amosa na imaxe seguinte):