Saltar navegación

7 - Axustes do Libro de cualificacións

Os cursos Platega recollen as puntuacións obtidas nas tarefas, probas, cuestionarios... do curso no Libro de cualificacións. Este Libro configúrao a persoa responsable da creación do curso e durante as súas edicións a persoa titora responsabilirazase da súa revisión, mantemento e actualización no caso de ser necesario. 

Seguindo os pasos descritos neste titorial configuraremos o Libro de cualificacións para que o participante consulte o estado das súas cualificacións durante a edición do curso, as puntuacións obtidas nas tarefas e módulos do curso. O Libro de cualificacións configúrase cando xa está practicamente rematada a creación do curso: os seus módulos e as tarefas cualificables de cada módulo.

A estratexia para axustar o Libro de cualificación:

  1. Reunir na Guía do curso as ponderacións dos módulos e das tarefas do curso.
  2. Configurar as categorías do Libro de cualificacións en paralelo aos módulos do curso.
  3. Configurar as tarefas: ponderacións e puntuacións.
  4. Configurar os aspectos xerais do curso.

Vexamos todo isto paso a paso.


Vostede é libre para:
  • Compartir — copiar e redistribuir o material en calquera medio ou formato
  • Adaptar — remesturar, transformar, recrear e crear obras derivadas sobre o material

...mesmo con finalidade comercial, baixo as condicións seguintes:

  • AtribuciónDebe dar o recoñecemento apropiado, fornecer un vínculo á licenza e indicar se se fixeron cambios. Pode facelo de calquera maneira razoábel pero non de maneira que poida suxerir que o licenciante o apoia a vostede ou o seu uso.
  • Compartir Igual — Se vostede remestura, transforma ou recrea sobre o material, debe distribuír as súas colaboracións coa mesma licenza cá orixinal.

Creado con eXeLearning (Ventana nueva)