Saltar navegación

6.4 - Agochar a zona de coordinación, unha sección ou un item.

Aínda que nos cursos Platega xa está creada e configurada esta Zona de coordinación  imos ver como se pode ocultar aos participantes dun xeito seguro, tanto a sección como items individuais. Por seguridade e tranquilidade aplicaremos unha dobre medida:

  • Agochar aos alumnos cada  item da zona de coordinación (na configuración estándar dos cursos Platega xa están agochados).
  • Agochar o tema.

Pasos para agochar unha tarefa ou item:

1. Activar o modo edición.

2. No item ou cabeceira que queremos agochar, clickamos nos tres puntiños e seleccionamos "Agochar" ou "Hide"

3. Repetir os pasos con todos os items ou seccións que se desexen ocultar aos participantes.

Como agochar un item

Agochar un tema ou sección

Finalmente, comprobaremos que os participantes co rol de alumno non poden ver o tema ou os items:

4. Cambiamos o rol a Estudante

Como cambiar o rol

5. Comprobar que non se amosa nin o tema nin, polo tanto, ningún dos items que conteña.

Comprobación de que ocultamos os items

Creado con eXeLearning (Ventana nueva)