Saltar navegación

5.2 - Mensaxería

A mensaxería é unha ferramenta de comunicación privada ---a diferenza dos foros e os chats--- entre membros do curso, que non necesita unha dirección de correo electrónico nin un cliente de correo, tan só o navegador. Inclúe ventás emerxentes en tempo real, notificación, copias por correo electrónico, bloqueo de usuarios, historia, editor WYSIWYG.

Serve para a comunicación directa cunha persoa ---participante ou titor--- sobre a progresión da aprendizaxe, a solicitude de requisitos ou xustificacións de carácter persoal quedando todo rexistrado no historial.

O servizo de mensaxería non é nin un recurso nin unha actividade, é un Bloque que no caso do noso curso está situado na columna da esquerda. Nel aparecen as mensaxes recibidas e enviadas en formato chat.

Cando recibimos unha mensaxe, Moodle móstranos un aviso, este aviso permítenos ir directamente ao apartado de Mensaxes ou acceder por medio da icona correspondente.

Acceso ás mensaxes

Dende a barra de mensaxería rápida podemos:

Revisar o historial de mensaxes cruzadas cun usuario.
Ver as mensaxes sen ler.
Ao pulsar sobre o nome e apelidos do usuario, pódense ver as mensaxes non lidas, as mensaxes recentes ou o historial completo de mensaxes co devandito usuario. Do mesmo xeito, podemos continuar coa conversa coma se se tratase dun chat.

Sección de mensaxería en PLATEGA

Dende o apartado de podemos:

Xestionar a lista de contactos.
Revisar o historial de mensaxes cruzadas cun usuario.
Ver as mensaxes sen ler.
Realizar unha busca de usuarios ou mensaxes enviados/recibidos
Ao pulsar sobre o nome e apelidos do usuario, pódense ver as mensaxes non lidas, as mensaxes recentes ou o historial completo de mensaxes co devandito usuario. Do mesmo xeito, podemos continuar coa conversa coma se se tratase dun chat.

Para enviar unha Mensaxe a un participante no curso, podemos acceder á sección de participantes , seleccionar os usuarios aos que se desexa enviar a mensaxe e elixir a opción abaixo, ou, alternativamente, no perfil do participante:

Enviar mensaxe a unha ou varias persoas á vez desde "Participantes"

Enviar mensaxe desde o perfil dun participante

Entramos no perfil da persoa participante (por exemplo desde a listaxe de participantes ou facendo click no seu nome nun foro ou actividade



Creado con eXeLearning (Ventana nueva)