Saltar navegación

1 - Crear un curso Platega

Neste paquete ExeLearning atoparás un montón de información en relación á montaxe de cursos Platega empregando Moodle. Para que sexa máis sinxela a navegación, podes empregar o navegador da esquerda. Clickando en cada apartado poderás acceder a indicacións precisas para realizar todos os pasos necesarios.

Hai algunhas seccións que ocultan subseccións. Aquí podes ver o menú completo:

O modelo Platega

Os cursos Platega créanse usando o Modelo de cursos Platega (entrar como convidado coa chave "modelo"). Se vas crear un curso Platega, solicita ao departamento Educación dixital do CAFI a creación dun curso con este modelo: cafi.tic@edu.xunta.es. A partir del poderás crear o curso seguindo as Directrices dos cursos Platega e comprobando se cumpre as Especificacións dos cursos Platega; no propio curso creado co Modelo, na Zona de coordinación e mantemento, tes o check list das especificacións que debe cumprir o curso.

Captura de pantalla dun curso

Configuración do curso



 

Consulta o manual en liña de Moodle 4.1 cando sexa necesario: Manual_Moodle_4_1.pdf (upm.es). Este curso virtual non ten por obxectivo ensinar o manexo de Moodle pois parte dun nivel de manexo Moodle a nivel de profesorado creador e editor de cursos. Non obstante introducimos indicacións sinxelas, esquemáticas e normalmente con capturas de pantalla comentadas... para axudar cando sexa necesario. Se con estas indicacións non son suficientes para o teu nivel de manexo de Moodle, entón consulta o manual (en liña, en.pdf ou en papel se o imprimes). Se aínda así persiste a dúbida ou o problema consulta no foro de consultas deste tema, é posible que alguén antes ca ti tivera ese mesmo problema e algún compañeiro ou compañeira xa lle dera a solución.

Para saber máis...

Cando teñas adquiridas as subcompetencias que persegue este curso serás un creador de eLearning. Recomendámosche agora algunha lectura para complementar a túa formación como creador de eLearning.

Karla Gutiérrez ten publicada unha pequena colección de post sobre eLearning que podes encontrar máis abaixo, na Webgrafía. Son artigos concisos, claros e breves:

Neste Blog atoparás post de interese para os creadores de eLearning, coma estes:

Creado con eXeLearning (Ventana nueva)