Saltar navegación

4.3 - Tarefa

Utilidade da Tarefa


 

Unha "Tarefa" é unha ferramenta para recoller os traballos do alumnado dun curso. O profesor exporá un enunciado e os alumnos traballarán sobre o mesmo para finalmente enviar unha solución a través da propia tarefa. O módulo "Tarefa" permite aos alumnos dunha maneira doada, subir documentos en practicamente calquera formato electrónico. Os documentos quedan almacenados para a súa posterior avaliación á que pode engadirse un feedback ou comentario que chega de forma independente ao alumno.

A solución dunha "Tarefa" non ten que consistir necesariamente en subir uns arquivos á plataforma, existen tarefas nas que o alumno pode escribir directamente a solución na propia tarefa ou que servirán para coñecer o enunciado, datas de entrega e cualificación de traballos entregados fisicamente na aula.

Pasos para crear, configurar e aplicar unha guía de corrección nunha tarefa:

1. Crear a tarefa e configurala.

Creamos e configuramos a tarefa

3. Regresa ao curso e preme enriba do título ou nome da tarefa parta entrar nela.

4. Abre a Administración da tarefa e preme en Cualificación avanzada:

Accede á configuración avanzada

5. Define a guía de corrección

Definindo a guía de corrección

Exemplo de guía de corrección completa

Guía de corrección completa. Neste exemplo a tarefa ten varios desempeños incluíndo cada un deles as instucións (descrición para o alumnado), os criterios de corrección (descrición para  correctores) e a puntuación máxima dese desempeño. Engadíronse tamén catro comentarios frecuentes.

Creado con eXeLearning (Ventana nueva)