Saltar navegación

7.1 - Datos necesarios para os axustes

Para realizar os axustes do Libro de cualificacións necesitamos:

  • Decidir que ponderación se lle vai dar a cada módulo no total do curso e
  • Decidir que ponderación se lle vai dar a cada tarefa no total do seu módulo.

Estes datos recollerémolos na Guía do curso.

Ponderación dos Módulos e das Tarefas

Determina a ponderación que van ter tanto os módulos como as tarefas no curso. Para iso, recolle as ponderacións na táboa do apartado Seguimento e desenvolvemento do curso na Guía do curso:

Táboa das ponderacións, baleira.

Exemplo de ponderacións dos módulos e tarefas dun curso real

Ponderacións dun curso real

Este cuadro de Avaliación corresponde a un curso real.

Asigna as ponderacións que estimes adecuadas para os módulo e para as tarefas de cada módulo. Este sistema de poneración é suficientemente flexible para adaptalo a cada caso particular.

Poderás revisar estas ponderacións cando o estimes necesario; normalmente revísanse antes dunha nova edición considerano os resultados de edicións anteriores.

Pasos  Pasos:

1. Edita a táboa  Avaliación da Guía do curso para anotar a ponderación asignada a cada módulo. A suma total debe ser 100

2. Edita a táboa  Avaliación da Guía do curso para anotar a ponderación asignada a cada tarefa. A ponderación das tarefas de cada módulo debe sumar 100 

Creado con eXeLearning (Ventana nueva)