Saltar navegación

2.3 - Insire imaxes

Nun mundo audiovisual coma o noso non poden faltar imaxes nun curso virtual. Incorporar imaxes ou calquera outro recurso faise sempre do mesmo xeito. Este proceso debemos telo claro pois o repetiremos moitas veces.

Temos dúas opcións para incorporar imaxes ao curso: insertalas subíndoas ao curso ou ligalas mediate a súa URL ou o seu código HTML. Wikimedia Commons, por exemplo, ofrece esta segunda posibilidad.

Analicemos os dous eitos de facelo ainda que a norma en Platega será subilas ao curso, evitando sempre embebelas para garantir que a imaxe estará sempre dispoñible, sen depender de que a imaxe permaneza na páxina de orixe. Embeberemos imaxes unicamente en casos moi xustificados por exemplo que sexa unha imaxe moi pesada de 2, 3, 4... Mb.

Subir

Se queremos inserir unha imaxe nunha "Etiqueta", "Páxina web" ou "Libro", empregaremos unha das dúas maneiras posibles de facelo:

1. Subindo o ficheiro da imaxe a "Meus ficheiros privados" e inseríndoa.

2. Ligar unha imaxe de Internet mediante a súa URL.

En calquera destes casos comezamos premendo na icona de inserir imaxes:

Como inserir unha imaxe nunha caixa de texto

Iconas do editor de texto.Inserir imaxe. Dominio público

Embeber

Para ligar unha imaxe de Internet mediante a súa URL temos que:

Localizar en Internet a imaxe que queremos amosar no noso curso virtual. 
Premer sobre ela co botón dereito do rato e debería aparecer un menú emerxente con opción para copiar a ruta da imaxe:
Este xeito de inserir imaxes ten algunha vantaxe, como que non incrementamos prácticamente nada o "peso" do curso virtual, e inconvenientes, como  a dependencia respecto da páxina na que está aloxada a imaxe, pois si desaparece dela desaparecerá do noso curso. Ademais, na imaxe así inserida poderemos modificar o tamaño, pero non baixar a sea resolución ou recortala, por exemplo. 

 

Exemplo de imaxe embebebida


Esta imaxe ligouse mediante a súa URL á páxina web orixinal, Wikimedia Commons neste caso. Se a temos inserida nun recurso do noso curso virtual e queremos modificar o tamaño basta con entrar nese recurso (Etiqueta, Páxina ou Libro), premer enriba dela e reducila usando os manexadores das esquinas mantendo a súa proporcionalidade.
 
Wikimedia Commons é un repositorio de imaxes moi interesante por varias razóns:
As súas imaxes teñen licenzas que permiten o seu uso: Dominio público, CC (by), CC (by-sa), GNU...
Premendo enriba das imaxes que aparecen na Wikipedia aparece a páxina desa imaxe, onde poderemos ver en que tamaños está dispoñible, a súa licenza,... Para vela...

Como obter a URL dunha imaxe:

Como inserir unha imaxe por URL ou subindo un arquivo

Tamaños das imaxes

É conveniente fixar criterios sobre o tamaño das imaxes para evitar efectos esteticamente negativos. Pensa que o ancho máximo que deberán ter as imaxes amosadas na portada dun curso virtual é duns 670 píxeles, para evitar desprazamentos a esquerda / dereita. Selecciona uns tamaños estándar para as imaxes do curso. Por exemplo, neste curso as imaxes máis anchas están configuradas cun ancho de 666 píxeles e as menores son de 555, 444, 333, 222 ou 111 píxeles. Usamos unicamente estes anchos para as imagenes, vídeos, presentacións... excepto as iconas indicadoras da estrutura do curso, que son de 49 x 44.
Ao inserir as imaxes é posible determinar o ancho / alto con que se visualizarán no curso, pero convén axustalas ao tamaño aproximado que queremos darlle no curso virtual antes de subilas á aula virtual. Para iso empregaremos un editor de imáxes (Pixlr, Gimp...). Pensa que o "peso" da imaxe non se reduce polo feito de asignarlles no curso un tamaño menor.
Para maquetar as imaxes no curso virtual será suficiente configurar a súa aliñación a esquerda, dereita ou centro, evitando todo o posible recorrer a táboas. O problema terémolo ao pór o pé coa atribución da propiedade intelectual. Na páxina principal do curso faremos as atribucións da propiedade intelectual nun recurso "Páxina" no módulo da licenza do curso, recollendo nela todas as atribucións.

A razón de facelo así é estética, deixar o curso máis limpo. Lembra que é imprescindible pór sempre a atribución das imaxes e de todos os recursos empregados, aínda que sexan da nosa propiedade, pois non poñela equivale a signarlle un Copyright, o cal é incompatible coa licenza do curso Platega e, ademais, obstaculizaría seriamente o uso legal dese recurso por outras persoas.

 

  • Proba a cambiar o largo da xanela e observa como se reaxustan as imaxes.
  • No modelo de cursos Platega insírese unha imaxe na cabeceira dos temas de 222 pixels maquetada á dereita e cun espazo horizontal (separación entre texto e imaxe) de 10 pixels.
  • Nos paquetes de contidos xerados con eXeLerning non é recomendable inserir imaxes de máis de 777 pixels.

Creado con eXeLearning (Ventana nueva)