Saltar navegación

2.4 - Liga ficheiros

Este recurso ten moita utilidade nun curso virtual debido á facilidade con que se poden poñer ao alcance do alumnado ou dos participantes no curso virtual ficheiro de todo tipo.

É doado almacenar todo tipo de arquivos nun curso virtual para gardalo e tamén para facilitar, entregar, transmitir... aos participantes.

Aínda que calquera arquivo en formato dixital, independentemente do tipo que sexa (.pdf, .doc, .odt, .ppt, .mp3, .swf, .flv, .mp4, .jpg., png, .gif...) pode incorporarse a un curso virtual procuraremos incorporar os arquivos en paquetes de contidos evitando así ligados na portada do curso.

O tratamento que deben recibir estes arquivos é similar ao xa visto para as imaxes:

  • Subir o arquivo á aula virtual e despois ligalo no curso virtual.
  • Localizar o arquivo en Internet, copiar a súa URL e despois ligalo no curso virtual.

Nun curso virtual temos cando menos dous xeitos de facer esa ligazón:

  1. Utilizar o recurso: "Ficheiro" para ligar o arquivo. Neste caso o arquivo pdf, textos, flash, son, podcast... aparecen coma unha ligazón cunha pequena icona á sua esquerda, que varía segundo o tipo de arquivo.
  2. Usar un texto ou unha imaxe para crear a ligazón ao arquivo: ao premer nel abrirase nunha nova pestana ou xanela.

Neste apartado veremos como inserir un ficheiro:

Exemplo de visionado no curso

Configuración da opción "Ficheiro"

Creado con eXeLearning (Ventana nueva)