Saltar la navegación

4.2. Copyleft

Conforman a base doutros tipos de licencias que teñen como obxectivo principal preservar o uso libre de calquera creación, tanto da obra orixinal como das obras derivadas de esta. En contraposición ao dereito de autor son coñecidas como esquerdo de autor, facendo un xogo de palabras acompañado dunha C aberta a esquerda en contraposición da C (do Copyright).

imaxe copyleft

Dominio público.

Teñen o seu orixe e difusión principal no ámbito do software libre e o código aberto constituíndo unhas das principais vantaxes e desenvolvemento deste movemento.

A principal licencia deste tipo é a Licencia Pública General de GNU GPL (GNU General Public License) creada orixinalmente por Richard Stallman o fundador da Free Sofware Foundation.

representación del logo del tipo de licencia GNUUncle Sam / Gnu wants Gnu. Autoría descoñecida.

Se asociamos unha creación orixinal baixo este tipo de licencias, asumimos que esta:

  • Pode ser executada, estudada, compartida e modificada segundo a conveniencia do usuario ou usuaria.

  • Ademais, debe ser distribuída baixo Copyleft para asegurar que os traballos derivados seguen preservando estas liberdades.

Como indicabamos, este tipo de licencia é habitual asociala a desenvolvementos e proxectos de software aínda que podemos atopar novas licencias derivadas de esta como a FDL (Licencia Pública General de Documentación) a través da que podemos licenciar manuais ou libros de texto ou calquera outra documentación co fin de garantir a liberdade de copialos, redistribuílos ou modificalos ben sexa con intereses comerciais ou sen eles.

Creado con eXeLearning (Ventana nueva)