Saltar la navegación

4.3. Creative Commons

As licenzas Creative Commons  foron desenvolvidas pola Organización sen ánimo de lucro do mesmo nome co obxectivo de crear licenzas abertas ou libres para obras culturais, cientificas e educativas. As licenzas de tipo CC constitúen e ofrecen de forma clara e precisa unha combinación de opcións ás persoas creadoras para que estas indiquen os usos que permiten a terceiras persoas sobre as súas obras. Se atopamos unha creación baixo a licenza CC (Creative Commons) xa saberemos por anticipado o que podemos facer con ela e non temos que recorrer a ningunha organización intermediaria para consultar os usos permitidos.  

imxe creative commonsImagen de Manfred Steger en Pixabay

A vixencia deste tipo de licenza é a mesma que a especificada na lexislación sobre propiedade intelectual xa que o seu desenvolvemento baséase nesta.

Este tipo de licenzas non eliminan os dereitos das persoas creadoras, o que fan é precisar os usos permitidos.  

Creado con eXeLearning (Ventana nueva)