Saltar la navegación

1.2. Dereitos patrimoniais

Habitualmente son os que xeran controversia ou problemas xa que son os que están asociados con cuantías económicas.

Os dereitos patrimoniais están asociados á explotación da obra orixinal en calquera das posibilidades existentes, tanxibles ou intanxibles, presentes e futuras, e teñen vixencia durante toda a vida da persoa creadora máis 70 anos logo do seu falecemento.

Os métodos de explotación das obras orixinais son os seguintes:

Reprodución

 Consiste na fixación da obra ou fragmento de xeito que permita a súa comunicación ou a obtención de copias (p.e. a estampación dunha camiseta ou a proxección nunha pantalla na clase).

Distribución

Posta a disposición do público do orixinal, ou copia, en soporte tanxible (entran aquí as accións relacionadas coa venda, aluguer ou préstamo).

Comunicación pública

Acto no que unha pluralidade de persoas poidan ter acceso á obra sen previa distribución de exemplares (por exemplo, nunha conferencia ou acto de divulgación).

Transformación

Tradución, adaptación ou calquera outra modificación da obra orixinal que xere unha obra diferente; esta nova creación terá novos dereitos de autoría, pero deberá respectar os dereitos da obra orixinal e satisfacer as cuantías económicas que se deriven deste proceso (se a obra orixinal segue baixo o amparo do RDL 1/1996). Un exemplo actual é a xeración de audiolibros a partires dunha obra escrita.

micróno en sala de grabaciónImagen de Daniel Friesenecker en Pixabay.

Os dereitos morais non se poden ceder e non caducan, os dereitos patrimoniais si se poden ceder e si caducan. Revisaremos máis adiante que ocorre nos casos das autoras e autores asalariados.

Se te fixas, nalgunhas das publicacións que tes na túa casa ou ao teu alcance, o ‘gran C’ aparece seguramente xa nas primeiras páxinas indicando quen é a persoa ou entidade titular dos dereitos da autoría, a persoa receptora dos dereitos patrimoniais.

Creado con eXeLearning (Ventana nueva)