Saltar la navegación

4.1. Dominio Público

As creacións orixinais pasan a dominio público logo de 70 anos do falecemento da persoa creadora, segundo a lexislación española, pero tamén podemos licenciar un contido como de Dominio Público dende o momento da súa creación, contribuíndo desta forma a aumentar a base de Recursos Educativos Abertos (REA) que son os que se publican con licenza de dominio público ou outros tipos que posibilitan o seu uso, adaptación e distribución de xeito gratuíto; ademais, segundo a UNESCO: ‘considera que el acceso universal a la educación de calidad contribuye a la paz, el desarrollo social y económico sostenible y el diálogo intercultural. Los REA ofrecen una oportunidad estratégica de mejorar la calidad de la educación y el diálogo sobre políticas, el intercambio de conocimientos y el aumento de capacidades

O tipo de licenza que asocia o dominio público aos nosos materiais e a CC0 (Dedicación a Dominio Público), Sen Dereitos de Propiedade Intelectual. Esta licenza permite a terceiras persoas: copiar, modificar, distribuír e facer comunicación pública sen pedir permiso e incluso para fins comerciais.

Deberemos atribuír o uso de recursos CC0 ao igual que calquera outro material que utilicemos segundo as indicacións da licenza ou da lexislación vixente.

Se atopamos un recurso coa etiqueta de Dominio Público, indica que a obra xa se atopa baixo o dominio público.

etiqImagen de OpenIcons en Pixabay

Creado con eXeLearning (Ventana nueva)