Segundo a nosa lexislación vixente, unha persoa autora é calquera persoa creadora dunha obra orixinal (de calquera tipo). As persoas creadoras teñen uns dereitos sobre as súas creacións que xiran en torno ao control total sobre a súa obra durante un tempo definido que, segundo a nosa lexislación, é toda a vida da persoa creadora máis 70 anos logo do seu falecemento (salvo os contratos por elaboración de contido).
Imagen de Artem_Apukhtin en Pixabay
Polo feito de ser creadoras e creadores, por defecto quedan protexidos (da nosa obra): o contido en si e o título, se é orixinal (Real Decreto Legislativo 1/1996, de 12 de abril, por el que se aprueba el texto refundido de la Ley de Propiedad Intelectual, regularizando, aclarando y armonizando las disposiciones legales vigentes sobre la materia. Boletín Oficila del Estado, 97, 22 de Abril de 1996. https://www.boe.es/buscar/act.php?id=BOE-A-1996-8930)
As obras de dominio público son obras non protexidas pola lexislación sobre a propiedade intelectual; son de dominio público as obras orixinais elaboradas baixo este criterio por parte da persoa creadora ou as que pasan a esta situación logo dun tempo establecido na lexislación.
Asociados ás creacións orixinais temos un conxunto de dereitos que ostentan as persoas autoras das creacións, estes son: