Saltar la navegación

3. As actividades didácticas no ensino

Como indicabamos ao principio dos contidos, todas e todos somos creadoras e creadores nalgún momento da nosa actividade profesional; estarías molesta ou molesto se os teus contidos son usados por compañeiros ou compañeiras nas súas clases ou formacións? poden facelo sen contar coa túa autorización? Afondamos nestas cuestións nos seguintes apartados, vaia por diante que os usos que a lexislación nos posibilita de creacións de terceiras persoas, levan como condición inescusable a citación da fonte e o autor ou autora da obra empregada.

profesora preparando contenidos

Imagen de Jan Vašek en Pixabay

Para o noso labor docente, a lexislación actual, inclúe un artigo especifico, o ‘Artículo 32. Citas y reseñas e ilustración con fines educativos o de investigación científica.’. Non é un artigo claro e preciso xa que ten moitos condicionantes que deben cumprirse de forma simultánea e pode que non poidamos cumprilos todos á hora de engadir contidos de terceiras ou terceiros nas nosas creacións. Se temos dúbidas ou o uso que imos facer non cumpre todas as condicións de xeito simultáneo, temos que buscar outra alternativa.

Creado con eXeLearning (Ventana nueva)