Saltar la navegación

1.5. Outros conceptos de interese

apretón de manosImagen de SCY en Pixabay.

Parodia

Inserida na nosa lexislación baixo o termo ‘pastiche’ (tamén podemos referenciala como meme) recolle a transformación dun fragmento dunha obra orixinal, normalmente a dobraxe ou descontextualización da obra orixinal. A lexislación vixente non considera esta acción como transformación no sentido estrito do acto (a creación dunha obra derivada) e por tanto non esixe consentimento mentres non infira dano nin confunda á obra orixinal.

P.e. podemos coller unha escena dunha película e asociarlle outro diálogo pero non o poderiamos facer da película enteira; tampouco poderiamos coller ese fragmento e asociarlle un audio que fomentase actitudes violentas ou asociadas a calquera outro acto ou expresión que se considere que pode entrar en conflito con valores morais ou outros.

Os límites deste uso vanse matizando a través de distintas xurisprudencias e todas as indicacións e fallos xudiciais precisan que a parodia:

  • Pode facerse sobre unha obra orixinal moi coñecida.
  • Que implique unha transformación facilmente recoñecible.
  • Que o obxectivo sexa a ridiculización mediante o emprego de elementos cómicos  (sen que implique dano moral  nin xere confusión coa obra orixinal).
  • Que sexa empregada como obxectivo e non como medio.

Se revisas a páxina Tiching (10/03/2016). Los 7 mejores memes sobre educación. Tiching Blog. blog.tiching.com/los-7-mejores-memes-sobre-educacion/Tic. podes ver unha pequena recompilación de memes ou parodias que encaixan no concepto e nas condicións.

Transmisión intervivos

Ten que estar sempre recollida por escrito e facer referencia ás modalidades de explotación actuais. Se non se especifica o contrario, terá validez durante 5 anos e o ámbito territorial será o do País onde se firme o contrato e a modalidade de explotación a deducida polo cumprimento do contrato segundo se recolle no Artículo 43. Transmisión «inter vivos» do RDL 1/1996.

Esta transmisión de dereitos non ten validez para medios de difusión ou modalidades de explotación  non inventados.

Autor ou autora asalariada

Neste caso se produce unha transmisión de dereitos baseados nunha relación laboral e sempre debe quedar recollida por escrito, de non ser o caso, se asumirá que os dereitos de explotación son cedidos en exclusiva e co alcance necesario para que a empresa realice a súa actividade habitual.

Creado con eXeLearning (Ventana nueva)