Admisión a ciclos formativos. Listaxes provisionais de solicitantes. Convocatoria extraordinaria 2020-2021

Publicación das listaxes provisionais de solicitantes do período extraordinario de admisión a ciclos formativos de formación profesional en réxime ordinario e no réxime para as persoas adultas en modalidade presencial e modalidade distancia.

 O prazo de reclamación contra estas listaxes abrangue desde o venres 11 de setembro ata as 13:00 horas do martes 15 de setembro de 2020.

A reclamación deberase realizar no centro de entrega (onde se presentou a solicitude).

As listaxes garanten a confidencialidade dos datos persoais por iso cada persoa está identificada cun código persoal de consulta (CPC). O CPC é un código alfanumérico único para cada persoa que participa no proceso de admisión de FP. Para consultar a situación persoal nas listaxes poderase obter o CPC da aplicación informática ciclosadmisión.

 - Nota: As listaxes de solicitudes do proceso de admisión a ciclos formativos pola cota reservada para persoas con discapacidade, legalmente recoñecida, están dispoñibles para a consulta nas secretarías dos centros de inscrición.

Réxime ordinario

  
Réxime para as persoas adultas

Modalidade presencial

  
Modalidade distancia

Etiquetas: 
Tema: