FP dual. Convocatoria
Convocatoria de setembro de 2016
Publicada a ORDE do 11 de agosto de 2016 pola que se amplían os proxectos experimentais de formación profesional dual de ciclos de formación profesional en centros educativos, en colaboración con diversas entidades, autorizados pola Orde do 6 de xuño de 2016.
- Acceda ao texto da Orde do 11 de agosto de 2016
- Solicitude, anexo I.
Oferta de ensinanzas
Concello | Centro | Código ciclo |
Ciclo formativo |
Entidade colaboradora |
Santiago de Compostela | CIFP Politécnico de Santiago | SQUI01 |
Laboratorio de análise e de control de calidade |
Corporación Laber, laboratorio y consultoría, SL. |
Chantada | IES Val do Asma |
SIFC03 |
Desenvolvemento de aplicacións web |
IGM WEB SL. |
Lugo |
CIFP Politécnico de Lugo |
MEOC01 |
Construción |
Construcciones Tellao, SL; Manuel Santos Gómez;Obras y Reformas Construmen, SL; Obras y reformas Lugo, SL; Odegal, SL; Oltaya Lugo, SL; Óscar Piñeiro López; José Antonio Rodríguez Cabanas; Reformas Noroeste, CB; Reformas y Sistemas de Galicia, SL.; Rubén López Barreiro; Unkia, SL. |
Requisitos das persoas solicitantes
Para poderen acceder a este proxecto de formación profesional dual, as persoas aspirantes deberán cumprir o seguinte:
Ter entre dezaoito e vinte e nove anos ou facelos no ano natural en que comece o ciclo formativo.
- Cumprir os requisitos de acceso aos ciclos formativos establecidos no artigo 41 da Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación, segundo a redacción dada pola Lei orgánica 8/2013, do 9 de decembro, para a mellora educativa, ou na disposición adicional terceira desta última lei, para poder matricularse en todos os módulos profesionais do ciclo formativo correspondente, e que se detallan no modelo de solicitude, no , anexo I, desta orde.
- Carecer da cualificación profesional, obtida e recoñecida polo sistema de formación para o emprego ou do sistema educativo, requirida para concertar un contrato en prácticas para o posto de traballo ou a ocupación obxecto do proxecto.
- Non ter realizado con anterioridade un contrato de formación e aprendizaxe, salvo que a formación inherente ao proxecto de formación profesional dual teña por obxecto a obtención dunha cualificación profesional distinta, e cumprir os requisitos establecidos na normativa laboral vixente para poder efectualo.
- Non ter superado ningún módulo profesional do ciclo formativo do proxecto solicitado, agás que fose cursando outro ciclo formativo.
Presentación de solicitude
Cada solicitante presentará unha única solicitude, anexo I, que se entregará en calquera dos centros que figuran no anexo II. Irán dirixidas á dirección do centro educativo.
Se a persoa solicitante presenta máis dunha solicitude, non se terá en conta a súa petición.
Documentación
A solicitude de admisión, anexo I, deberá ir acompañada da seguinte documentación:
- Copia do DNI ou NIE, no caso de non dar o consentimento para a comprobación dos datos de identidade no sistema de verificación do Ministerio de Facenda e Administracións Públicas, de conformidade co artigo 2 do Decreto 255/2008, do 23 de outubro.
- Certificación académica relativa aos requisitos de acceso, no caso de non ter realizado os estudos ou as probas de acceso no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia, ao abeiro abeiro da Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación.
- Currículo co formato Europass, que se poderá elaborar no enderezo http://europass.cedefop.europa.eu/es/documents/curriculum-vitae
Calendario do procedemento
- Presentación de solicitudes: do 1 ao 13 de setembro ás 13 horas.
- Relación provisional de persoas solicitantes: 14 de setembro
- Reclamación á relación provisional de persoas solicitantes: 15 e 16 de setembro
- Relación definitiva de persoas solicitantes: 19 de setembro
- Período de selección por parte da entidade colaboradora: do 20ao 26 de setembro
- Relación de persoas admitidas e en espera: a partir do 27 de setembro
- Matrícula: logo da publicación da listaxe de persoas admitidas e en espera. Data límite: 30 de setembro
Listaxes do procedemento de admisión
Os módulos sinalados cun asterisco (*) na listaxe corresponden con módulos xa superados ou validados do ciclo solicitado
O prazo de reclamación á relación provisional de persoas solicitantes será: 15 e 16 de setembro de 2016.
- Listaxe definitiva de solicitudes de Formación Profesional Dual de grao medio
- Listaxe definitiva de solicitudes de Formación Profesional Dual de grao superior
- Listaxe de persoas admitidas e listaxe de persoas en espera de Formación Profesional Dual de grado medio
- Listaxe de persoas admitidas e listaxe de persoas en espera de Formación Profesional Dual de grado superior
Lembre que a normativa sempre prevalece sobre calquera outra información. Esta páxina contén información de carácter xeral extraída da normativa, polo que calquera dúbida ou contradición se resolverá atendendo á normativa vixente (acceso a normativa que regula a FP dual).